CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Agasallamos sorrisos

Este ano a celebración do nadal o igual que o resto da meirande parte do ano que xa remata, será de cambios e distinta o que estamos habituados, o máis complicado nestas datas máis incluso que no resto do ano, o estar lonxe en moitos casos das nosas persoas favoritas. 

Para iso imos tratar de facernos sentir preto e facer chegar todo o noso agarimo a esas personiñas especiais para nós, coa elaboración de postais personalizadas feitas por nos mesmos. 

Que mellor agasallo que algo de prezo incalculable, no que coidaremos cada detalle e palabra escollida para os nosos destinatarios, que de seguro as recibirán con un gran sorriso que tanta falta fai nestes tempos que vivimos. 

Cada un poderá escoller o deseño e dará a forma que máis lle guste a cada unha das súas postais, podendo empregar dende os materiais máis básicos como folios brancos ata outros máis vistosos (folios de cores, cartolinas...) como base para a nosa postal e despois empregaremos todo aquelo que se vos ocorra para a súa decoración (purpurina, goma eva, adhesivos...), todo dependerá dos recursos e ideas das que dispoñamos. 

Aquí vos deixo algunhas ideas ou deseños 


Agora imos co contido da vosa postal, a parte máis importante da mesma. É o momento de expresar e plasmar os vosos sentimentos e desexos, palabras fermosas que de seguro vos xorden e saen sen máis. 

Un sorriso, o mellor agasallo neste nadal!!

Comentarios