CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Concurso musical

Boas a todos e a todas!
Antes de nada desexarvos que pasedes unhas festas marabillosas, dende aquí queremos aportar o noso grao de arena e propoñervos unha divertida actividade para facer en familia que agardamos que vos guste! 

Trátase dun concurso musical, ideal para xogar con todo o mundo xa que vos aseguro que é moi divertido e moi propicio para estas festas. Imos a explicarvos 7 probas, como a creatividade é libre e vos tedes moita podedes engadir outras dinámicas e adaptalas ao voso gusto. A mecánica é a seguinte, hai que facer dous equipos que deberán competir entre eles, por cada xogo gañado se dará un punto e quen consiga maior puntuación se converterá no vencedor. Doado verdade? 

Imos agora coa parte divertida, as probas! 

1. Termos de Nadal: Mencionar as panxoliñas que leven as palabras burro, Belén, Nadal e feliz. O grupo que se acorde de máis gaña a ronda. 

2. Vilancico: Lembrar todos os cánticos relacionados con esta data que se vos ocorra. O equipo que teña máis consegue o punto. 

3. Artistas: Nomear aqueles cantantes que teñan no seu repertorio algunha canción de Nadal. O grupo que logre máis anótase a ronda. 

4. A canción: Inventar unha panxoliña coas palabras amizade, neno, agasallo, alegría, felicidade e novo. Neste caso gaña o equipo máis creativo e orixinal. 

5. Mímica: Imitar un vilancico soamente con xestos e mímica. Vence o equipo que acerte a panxoliña do outro grupo no menor tempo posible. 

6. Posta en escena: Interpretar unha panxoliña a escoller como se fora un auténtico vídeo clip. O grupo que logre maior realidade, dinamismo e se pareza máis ao orixinal aumentará o seu marcador. 

7. Memoria: Cantar un anaco dun cántico de Nadal, o equipo contrario deberá adiviñar como segue a letra no menor tempo posible para conseguir o punto. 

Animádevos a probar e contádenos como foi a vosa experiencia, esperamos que vos gustase a idea e que a poidades poñer en práctica. 

Saúdos e Bo Nadal!

Fotografía de Annie Spratt

Comentarios