CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Vela decorativa

Imos decorar unha vela con un pano de mesa, é moi fácil de facer e luce estupendamente en
calquera currunchiño da nosa casa. 

Para iso necesitamos: 
- Pano de mesa decorativos con motivos do Nadal. 
- Unha vela (mellor de cores claros, porque si e escura apaga os cores do pano de mesa). 
- Culler 
- Vela de té para quecer a culler. 

Realización: 
Escollemos o pano de mesa decorativo que máis non guste. Recortamos a medida da vela tanto no ancho como no largo. 

Acordarse de que o pano de mesa ten 3 capas e so temos que quedar ca primeira capa que é a decorativa. 


Acendemos a vela de té para quecer a culler pola parte de dentro como se mostra na seguinte imaxe: 


Cando a culler estea quente é cando colocamos o pano de mesa e comezamos a dar uns xiros ca culler, isto é para que vaia derretendo a cera e se vaia pegando o pano de mesa. Ten que quedar incorporado na vela vendo como se liga a cera por encima do pano. Temos que ir quentando a culler tantas veces como sexa necesario. 


E así é como quedaría a nosa vela decorada.     


  

Comentarios