CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Porta chuches Papa Noel

Imos a facer un porta chuches con materiais de refugallo. Para iso empregamos: 
- Un vaso de cristal dos de iogur 
- Papel pinocho vermello 
- Goma eva negro e gris 
- Algodón 
- Pistola de silicona 

Comezamos colocando o papel pinocho polo vaso para cubrir o exterior (facemos un circulo de 10 cm de diámetro), colocamos o vaso no centro do circulo e cubrimos. Pegamos o papel no borde do vaso con silicona. 

Facemos a forma do cinto como se amosa na foto e pegamos. 

Co algodón facemos o mesmo pegando no borde do vaso. 

Xa temos o vasiño para colocar chuches dentro. 

Espero que vos guste. 


Comentarios