CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Bola de Nadal de unicornio
Agora que chega o Nadal se che gustan os unicornios non podes deixar de facer esta bonita manualidade. É tan doada de facer que de seguro desexarás que unha ou varias destas bolas colguen da túa árbore. Tamén podes agasallalas para que os teus coñecidos as teñan nos seus fogares.
Os materiais que precisamos son:
- Unha bola con purpurina
- Rotuladores permanentes
- Goma eva de cores variados
- Tesoira
- Cola, pegamento de goma eva ou silicona quente
Como a elaboramos:
Comezaremos facendo coa goma eva as orellas e o corno. Para facer as orellas debuxaremos polo revés da goma eva dúas orellas grandes dunha cor e outras dúas un chisco máis pequenas doutra cor. Así quedarannos de dúas cores. Pegamos o anaco pequeno dentro do grande con silicona ou cola.
Para facer o corno cortaremos unha tira de goma eva da cor que queiramos de 0.5 cm de ancho e enrolarémola formando como un cucurucho comezando polo pico máis cerrado ata que teñamos o longo que queremos que teña o corno. Para remátalo pegámolo con silicona quente ou con cola na peciña que suxeita o cordel da bola.
Unha vez que temos o corno xa colocado na bola pegaremos as orellas.
Faremos unhas floreciñas de goma eva para pegarlle diante do corno de cores variados para que quede máis vistosa.
Debuxaremos cos rotuladores os ollos e se nos gusta podemos pórlle o nome.
Comentarios
Publicar un comentario