CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Calendario personalizado de Ano Novo

Imos facer o noso propio calendario personalizado para o Ano Novo. 

Para iso necesitamos acceso a Internet, o programa de Microsoft Word, e unha foto propia. 

Empezamos buscando un calendario que se poda descargar en jpg ou png, como vemos na foto seguinte no buscador escribimos calendario laboral Santiago de Compostela 2021. 


Clicamos en calendarios.ideal.es 

Abrimos a páxina web de calendarios.ideal.es e clicamos de novo onde pon descarga en jpg e formato vertical. 


Agora temos a nosa descarga da imaxe na carpeta Mis Documentos; Downloads ou descargas (segundo o sistema que esteamos a usar). 


Dobre clic na icona e ábreme o calendario. Encima da imaxe premo o botón dereito e marco a opción copiar. 

Co programa de Microsoft Word aberto premo o botón dereito e marco a opción pegar. E quédame o calendario pegado no documento de Word. Agora é cando teño que recortar o calendario cas ferramentas de imaxe. 


Quedando así o calendario como se amosa a continuación: 


Temos a nosa foto seleccionada e repetimos os mesmos pasos de copiar e pegar como fixemos ca imaxe do calendario. 


Colocamos a nosa imaxe propia encima do calendario facendo que coincidan as 2 imaxes. 

Na barra de debuxo premo no botón Insertar WordArt 


Escollo un estilo e tecleo 2021 colocando por onde máis me guste no documento. 

E así de sinxelo nos quedaría o noso calendario personalizado ca nosa imaxe. 


Comentarios