CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Árbore de Nadal con fotos

Materiais: 36 fotos 
- Goma eva cor dourada
- Cinta dobre cara
- Tesoiras 



Mans á obra:
Para comezar, debemos ter impresas as 36 fotos, que teñen que ser todas do mesmo tamaño e estar en posición horizontal. Poden ser fotos familiares, imaxes do Nadal, ou as fotos/imaxes que máis vos gusten.

Unha vez temos as 36 fotos elixidas e impresas, poñemos a cinta adhesiva de dobre cara no reverso de todas elas. 



E empezaremos a pegar as fotos na parede dende a base da árbore, é dicir, dende abaixo. A primeira fila leva 8 fotos, a segunda fila 7, a seguinte 6, e así todas as filas, levarán unha foto menos que a anterior, formando un triángulo.

Entre foto e foto imos deixar unha marxe de 3 cm., tanto horizontal como verticalmente.

Logo, coa goma eva dourada, faremos unha estrela. Poñemos cinta adhesiva de dobre cara no reverso da estrela e colocarémola na cima da árbore.



Finalmente, podemos decorar a árbore, con pequenos adornos que poidamos ter na casa, ou facer diferentes figuras coa goma eva dourada que sobrou. 

Comentarios