CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Panettone en panificadora
INGREDIENTES
Para o fermento:
- 100 gramos de fariña de forza
- 30 gramos de fermento fresco
- 1 cullerada sopeira de azucre
- 70 gramos de auga morna
Para a masa:
- 5 ovos batidos.
- 150 gramos de manteiga con sal cortada en taquiños.
- 170 gramos de azucre
- Reladura dun limón
- Reladura dunha laranxa
- Unha cullerada de esencia de vainilla
- Todo o fermento
- 600 gramos de fariña de forza
Para o recheo:
- 100 gramos de pasas
- 75 gramos de froita confeitada ou chocolate
E por último para antes de enfornar:
- Un trociño de manteiga sen sal para poñer encima
- Un ovo batido para pintar o panettone.
ELABORACIÓN
Primeiro faremos o fermento, poñendo nun cacharriño a auga morna e nela desfaremos o fermento, engadímoslle o resto dos ingredientes e remexemos cunha culler ata que quede a fariña ben disolta, deixamos repousar nun sitio afastado de correntes de aire ata que acada o dobre de tamaño.
Agora toca facer a masa: na cubeta da panificadora poremos todos os ingredientes na orde que están escritos ó principio da receita e programamos 3 veces o programa de amasado que dura 15 min. Deste xeito amasará un total de 45 min ata que a masa quede brillante, lisa e elástica como se aprecia na foto
Toca deixar que levede ata que medre e dobre o seu tamaño. Eu acostumo a deixala levedar na mesma cubeta da panificadora colocándolle papel de enfornar por riba para que a masa non se pegue á tapa xa que medra moito.
Cando a masa teña dobrado o seu tamaño, volcarémola sobre unha superficie enfariñada e estirarémola como se amosa na foto
Unha vez que estea estirada engadirémoslle as froitas ou chocolate
e enrolarémolo como amosamos na seguinte foto
Xuntaremos así os bordes
Agora toca colocalo no molde que o vamos enfornar ca xunta dos bordes cara abaixo. O ideal é enfornalo nun molde propio para panettone. Eu acostumo a enfornalo nunha cazola fonda apta para forno. Teremos que deixalo levedar de novo ata que volva dobrar o seu tamaño.
Podemos pintalo con ovo batido, colocamos un anaco de manteiga enriba do corte e meterémolo a enfornar co forno prequentado a 170 grados durante 40 min na reixa na posición máis baixa. Se se ve que medra moito aos 10 min de estar no forno é recomendable poñerlle por encima un anaco de papel aluminio para que non se torre. Cando estea cocido sacarémolo e deixarémolo arrefriar enriba dunha reixiña.
O proceso é longo pero asegúrovos que o resultado é estupendo!!!. Aquí vos queda a mostra do de chocolate.
Comentarios
Publicar un comentario