CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Turrón de chocolate branco, améndoa e arandos

Hoxe deixámosvos o paso a paso dun turrón diferente co que sorprender nestas datas. 


Ingredientes: 
  • 200 gr de chocolate branco 
  • 200 gr de améndoa moída 
  • 50 gr de manteiga de porco ou aceite de coco 
  • 70 gr de arandos deshidratados 
  • Molde para turrón (se non temos un molde propio de turrón podemos usar as bandexas prateadas de usar e tirar ou podemos facelo con un brick do leite) 
Como o elaboramos: 
Poñemos nun cacharro que nos serva para o microondas o chocolate branco e a manteiga de porco. Metémolo no microondas ata que se derreta sacándoo cada 15 segundos e remexéndoo para que o chocolate non se queime. 

Cando estea ben derretido engadímoslle a améndoa e os arandos. Mesturamos todo ben. 

Botamos a mestura no molde e deixámolo arrefriar de novo na neveira ata que de endureza. 

Unha vez que está duro podemos quitalo do molde e xa estaría lista o noso doce típico para sorprender a todos os da casa!!

Comentarios