CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Árbore de Nadal

Faremos unha árbore de Nadal con adornos feitos por nós. Eses Adornos podemos cambialos de sitio na nosa árbore para cada día ter un aspecto diferente.

Para a realización da nosa árbore do Nadal necesitaremos: 
- Feltro verde e marrón 
- Gomaeva de cores con brillantina. 
- Tesoiras 
- Pistola de silicona 
- Velcro 


Recortamos o feltro verde con forma de árbore como está na foto que se amosa, e co feltro marrón faremos o tronco da árbore. 


Para facer os adornos con feltro ou gomaeva necesitaremos as tesoiras e a pistola de silicona. 

Debuxamos un lazo e recortamos, e por detrás poñemos un anaco de velcro para que nos pegue na nosa árbore. 

Debuxamos tamén as follas do acivro como está na foto e volvemos a colocar un anaco de velcro tamén por detrás para poder pegala na árbore. 

E así con cada adorno que queiramos que estea na árbore como se mostra a continuación.

  

E así nos quedaría a nosa Árbore de Nadal. 


Espero que vos guste.

Comentarios