CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Centro de mesa con cascas de pistachos
Reciclando as cascas destes froitos secos facemos un bonito centro de mesa cunhas flores e uns porta candeas que nos quedará moi bonito neste Nadal nas nosas casas.
Os materiais que precisamos son:
- Cascas de pistachos
- Un anaco de cartolina ou de cartón
- Candeas
- Pementa en grao negra e vermella
- Tesoira
- Silicona quente
Como os elaboramos:
Comezamos debuxando na cartolina o tamaño que ocupa a nosa candea.

Unha vez que a temos debuxada darémoslle uns 3 ou 4 cm máis de ancho e recortaremos por esa liña. Deste xeito queda a candea no medio e esos 3 – 4 cm quedarán cubertos cas cáscaras de pistachos.

Cortado o círculo pegaremos ca pistola de silicona as cascas cubrindo toda a parte que non vai a tapar a candea.

Podemos colocalo solto ou facer unha combinación de varios de diferentes tamaños para elaborar unhas flores da mesma forma que montamos o porta candeas. Tendo en conta que neste caso o oco do medio que ocupa a candea cubrirémolo con pementa en grao negra e vermella.
Para rematar podemos pegar todas as pezas que fixemos nun anaco de cartolina para que queden todas unidas e formar así o noso centro de mesa ou colocalos soltos.

Comentarios
Publicar un comentario