CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Decoración de panos para a mesa de Nadal
Achegase o nadal e comezamos ca ambientación e decoración dos nosos fogares. Que mellor opción que a elaboración dos nosos propios adornos personalizados e modelados o noso antollo. Imos aló con algunha idea para a decoración e personalización das nosas mesas nas ceas de celebración destas datas.
Aquí va algunha proposta para dar forma e cor os nosos panos de mesa.
Árbore de nadal
Corazón
Podemos personalizar cada pano, engadindo unha tarxetiña co nome de cada un, asignándolle un lugar a cada comensal.
Estas son algunhas da infinidade de opcións para dar forma de xeito orixinal a nosa mesa e panos nas comidas e ceas de celebración destas datas.
Bo nadal!!


Comentarios
Publicar un comentario