CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Rosco de Nadal
Bo Nadal a todos e a todas!
Dende os Centros Socioculturais queremos estar preto de vos e amenizarvos as festas aínda que sexa dende a distancia, por iso hoxe traemos unha actividade moi especial que seguro que vos encanta, xa que a pedides máis dunha vez! Non sabedes que pode ser? Pois atentos e atentas!
Trátase dun rosco do abecedario que poñerá a proba as vosas capacidades e aptitudes. A continuación veredes definicións de obxectos, figuras ou calquera aspecto relacionado co Nadal, tedes que descubrir de que palabra estamos a falar pero ollo, ten que comezar coa inicial da letra que se vexa ao comezo da frase. Estades preparados e preparadas? Lembrade que deberedes acertar unha palabra por cada letra do abecedario galego.
Comezamos!
A. Ponse en tódalas casas, decórase con bolas, adornos e luces. Nela Papa Noel e os Reis Magos deixan os agasallos.
B. Figura redonda que se coloca na árbore de Nadal, hainas de diferentes tamaños e cores.
C. Peza de tecido que cobre o pé e parte da perna, cólgase na casa e nel se soen meter caramelos ou lambetadas.
D. Animal que acompaña ás veces aos paxes na cabalgata de Reis.
E. Adorno que se coloca enriba da árbore e que soe ser de cor amarelo.
F. Reunión de persoas que soe estar acompañada de música, comida e moita diversión.
G. Alimento que soemos deixar aos Reis Magos e que é moi típico tomalo no almorzo.
I. O 28 de decembro se celebra este gala no que se gastan bromas entre a xente.
L. Serven para iluminar a árbore e as rúas nesta festa.
M. Nome do Rei Mago con barba e cabelo branco.
N. Data que se celebra xusto despois de Noiteboa.
O. Os Reis Magos veñen deste sitio.
P. Canción coñecida de contido relixioso que se canta polo Nadal.
Q. Medio de transporte que saca a neve.
R. Sobremesa que trae unha faba dentro da mesma e algunha sorpresa.
S. Papel longo de moitas cores que ven enrolado e o usamos nas festas.
T. Homes pequenos con orellas en punta que traballan fabricando xoguetes no Polo Norte.
U. Tomamos doce en fin de ano.
V. Canción que se escoita sempre nesta data.
X. Pídense cando se fai a carta aos Reis Magos.
Z. Instrumento musical que serve de acompañamento nestas festas.
Unha aperta e pasade unhas boas festas!
Imaxe de Jonathan Borba

Comentarios
Publicar un comentario