CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Papa Noel con testos de barro
Materiais:
- 2 testos de barro do mesmo tamaño.
- 4 testos de barro do mesmo tamaño pero máis pequenos que os anteriores.
- 1 metro de corda branca
- Pinturas acrílicas de cor branca, negra, vermella e cor carne.
-Casca de ovo
Nos testos antes de pintar temos que facer uns buratos para que poda pasar a corda. Nos testos pequenos sería facer un burato ca base do testo. E no testo do corpo sería facer 2 buratos na parte dianteira como se ve na foto.
As cellas e o bigote estan feitas coa técnica con casca de ovo. Temos que pegar cachiños de casca de ovo con cola para que quede a forma agretada.
E imos pintando os nosos testos como mostra a foto.
Cando estean os 6 testos pintados é cando facemos a estrutura do boneco.
Espero que vos guste e Bo Nadal.
Comentarios
Publicar un comentario