CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: O agasallo revolto

Imos aló cunha orixinal proposta para levar a cabo durante estas datas no noso entorno de amizades e familiar. 

A dinámica consiste no intercambio de agasallos entre os achegados que formen parte da mesma. Faremos un sorteo aleatorio e o nome que descubramos será o destinatario do noso agasallo. 

Os agasallos poderán ser feitos por un mesmo o que os fai de maior valor e orixinalidade ( postais, adornos, algo propio e de valor para nós, xogos , unha receita...). 

Mans a obra... 

Faremos tantas papeletas como persoas incluamos no xogo . 

Empregaremos para facelas anacos de papel, cartolina... os que lle daremos a forma e imaxe que desexemos (cores, debuxos...). 

Cada papeleta ha de incluír o nome de cada un dos participantes na dinámica. 

Unha vez todas listas, empregaremos un recipiente (bolsa, cunca, caixa...) que tamén podemos adornar e personalizar , onde introduciremos todas as papeletas ben pregadiñas para que non se poida ver o seu contido. 

Chegou a hora do sorteo, cada participante colle un papeliño o azar e xa temos destinatario para o noso agasallo. 

Agora toca a elección e personalización do noso agasallo que de seguro será un éxito. 

Ah! Non nos esquezamos de fixar unha data para o intercambio dos agasallos, que o faremos da maneira que máis se axuste no marco no que nos atopamos. 

Bo nadal!

Comentarios