CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Nube de palabras

Unha nube de palabras é a forma de representar baixo unha figura un conxunto de palabras de características comúns. Neste caso a forma elixida será unha árbore de nadal en cuxo interior haberá palabras referentes ó Nadal como: panxoliña, familia, ilusión, etc. A ferramenta que usaremos será Word Art, a sucesora do famoso Tagul. As nubes de palabras poden usarse para facer portadas de documentos e deseños para eventos impresos en cartelería ou téxtil. 

PARA CREALAS, SEGUIR OS PASOS: 
1.  Ir ó buscador e introducir: Word art. Non é necesario rexistro, pero se o facemos co noso correo electrónico ou as nosas redes sociais ofrece máis posibilidades, como a de gardar os nosos deseños. Clic no resultado da web www.wordart.com e aparecerá a seguinte ventá. 


No caso de querer rexistrarse, clic en Login. Se xa tiñas rexistro na ferramenta Tagul, podes utilizar o mesmo email e contrasinal. No caso que non queiras facer rexistro fai clic en CREATE ou CREATE NOW.

2.  Aparecerá a ventá seguinte con dúas zonas ben diferenciadas: 
  • Panel esquerdo con cinco botóns: WORDS (palabras), SHAPES (formas), FONTS (fontes) LAYOUT (maneira de representar as palabras) e STYLE (cor de fondo). 
  • Panel dereito onde se mostrará a nube. Hai que ter en conta que a ferramenta non actualiza automaticamente as opcións que vaiamos elixindo, hai que facer clic no botón Visualize. Se queremos desfacer un cambio, premeremos UNDO. 

3. Agora imos a introducir as palabras que queremos que aparezan na nosa nube, substituíndo as que xa están escritas. Hai que ter en conta a orde na que as introducimos porque a ferramenta traballa de forma xerárquica, e dará mellor visualización as primeiras da lista. Se deixamos o tamaño en 1, a ferramenta variará os tamaños da mesma forma. Se se desexa dar máis énfase pódese cambiar o tamaño manualmente. Neste paso tamén elixiremos as cores das palabras como indica a seguinte imaxe. 

4. Para elixir a forma da nube, clic no botón SHAPES. No panel esquerdo, elixiremos a categoría Christmas, e faremos clic na árbore. Pódese tamén subir unha imaxe dende o noso computador, facendo clic en Add image. 

5. Para elixir a tipografía, clic no botón FONTS; neste caso é a Mountains of Christmas. 

6. Para elixir a forma de representar as palabras, premer no botón LAYOUT, neste caso é a opción RANDOM. Tamén temos opción de modificar a cantidade (amount) e a densidade (density) de palabras. 

7. No botón Style podemos elixir unha paleta de cores para as palabras no caso de non telo elixido no paso 3. O fondo da forma ten unha cor propia, neste caso é verde, pero podemos darlle unha porcentaxe de transparencia para que sexa máis clara ou máis escura. Podemos elixir no Background Color o fondo da imaxe, incluso facelo transparente. 

8. Por último só nos queda descargar a nube de palabras ao noso equipo premendo o botón DOWNLOAD como indica a imaxe. Podemos elixir na versión gratuíta dous formatos PNG ou JPEG. 


O resultado final sería… 




Comentarios