CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Xogo das matrículas

Este xogo é moi sinxelo de realizar. É unha dinámica onde precisamos un espazo un tanto amplo xa que nos moveremos ao longo do mesmo (non é preciso correr).
Neste xogo poderemos xogar toda a familia ou con amigos, tantos como queiramos.
Materiais:
- Un folio por cantos xogadores haxa na dinámica e outro a maiores por cada equipo.
- Unha pinza, imperdibles, ou un trozo de celo por folio e xogador.
- Un bolígrafo por equipo.
Finalidade:
Haberá dous equipos movéndose polo espazo, entre todos tratarán de adiviñar as matrículas de todos os xogadores do equipo contrario e apuntalas nun papel. Gaña quen relacione correctamente as matrículas que lles corresponde a cada xogador do equipo rival.
Como desenvolver a dinámica:
Dividiremos ao grupo en equipos. O ideal son dous pero podemos facer tantos como queiramos. “equipo 1” e “equipo 2”.
Nomearemos capitán de cada equipo. Se neste caso hai conflito porque varios queren selo decidirase mediante o xogo pedra papel tesoira ou que adiviñen un número do 1 ao 10, previamente escrito nun papel.
Repartimos un folio por participante de cada equipo.
Nos folios que se dan a cada xogador, escribirán cada un dos participantes unha matrícula diferente. Por exemplo “xogador 1 matrícula: 1325nm”; “xogador 2 matrícula: 8756ab”. Etc.
Cada un suxeitará a súa matrícula na súa lombo.
O capitán de cada equipo collerá un folio a maiores onde apuntarán os nomes dos participantes do equipo contrario.
Unha vez feitos os preparativos, a persoa que dirixe a dinámica dará o tempo que considere oportuno para que cada equipo organice a súa estratexia.
Dáse o sinal de inicio, os participantes deberanse de mover ao longo do espazo determinado tratando de esconder as súas matrículas e á vez adiviñar as do equipo contrario.
Consideracións:
Non se permite apoiarse nunha parede para esconder a matrícula.
Todas as matrículas deben de levar a mesma estrutura e orde.
Os números e as letras das matrículas teñen que ser perfectamente visibles.
Se un xogador visualiza un número ou letra da matrícula dun participante do equipo contrario, comunicarallo ao seu capitán para que este o apunte no folio do equipo.
Imagen de Capri23auto en Pixabay
Comentarios
Publicar un comentario