CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Xogando ...

Agora que xa estamos nas vacacións de Nadal, e nos atopamos con chuvia e  mal tempo podemos entreter aos nosos cativos nos fogares facendo diferentes xogos sen necesidade de ter grandes espazos e case sen material. Xogos nos que poderedes axustar o número de participantes e outras características dos mesmos, o voso antollo.
A xogar....

BOMBA
Material: 
Pelota
Como xogamos....
Todos os participantes colócanse formando un círculo, agás un que se localizará no centro do mesmo. O xogador situado no centro irá contando en voz baixa e en secuencias de dez en dez, mentres a pelota vai rotando entre os xogadores do círculo. Cada vez que chegue a dez terá que avisar en voz alta:
1º secuencia: Hai unha bomba
2º secuencia: Está moi quente
3º secuencia: Vai explotar
4 º secuencia : Explotou!!

O xogador que teña no seu poder a pelota no momento en que explota a bomba, será o eliminado e terá que sentarse cas pernas estiradas para que o resto dos xogadores o salten para continuar pasándose a bomba. Así irán eliminándose ata quedar un único xogador e gañador.
Unha vez teñamos xa un gañador, se desexamos xogar de novo, pasaría outro participante o centro para contar.

COLITAS
Material: 
Papeis vellos (periódico, revista, folios...)
Como xogamos...
Engurramos e enroscamos os papeis, dándolle forma de rabiño ou cola, que colocaremos enganchada no noso pantalón, cinto... pola parte traseira. Xa temos as colas preparadas. 

Agora a correr! Podemos movernos libremente pola área delimitada para o xogo, na procura das colas do resto dos xogadores, que intentaremos alcanzar . Evitando o mesmo tempo, que se fagan co noso rabiño.

O gañador será o que maior número de colas teña no seu poder unha vez finalice o tempo marcado (que será o que vos mesmos estipuledes).

BANDEIRAS
Material: 
Dous folios, cartolinas.., rotuladores e un anaco de cordón, corda ou lá.
Como xogamos...
Faremos dous equipos e o campo de xogo estará dividido en dous. Cada equipo terá a súa propia bandeira que primeiro deberá confeccionar e personalizar o seu antollo (podemos poñer nomes os equipos, debuxos para identifícalos...).,nun folio, cartolina...

Ataremos as bandeiras no propio campo de cada equipo, con axuda de un anaco de corda, cordón ou lá.
Xa estamos listos para comezar a xogar. Cada equipo debe organizarse e levar a cabo a dobre acción de defender a súa bandeira e lograr acadar e conquistar a do seu adversario. O que alcance este obxectivo será o gañador do xogo.

PALABRA MÁXICA
Un dos participantes no xogo, de maneira voluntaria, será o que comece a dinámica. O resto deben colocarse en fila india detrás del. 

O xogador que vai en cabeza, irá contando unha historia inventada por el mesmo sobre a marcha, mentres vai camiñando libremente pola área de xogo, seguido por la fila india formada polo resto dos participantes. 

Cando o desexe pronunciará unha palabra, que el mesmo elixiu e estableceuse como a palabra máxica. Unha vez pronuncia esa palabra máxica no medio da súa historia , comeza a contar hasta dez sen darse a volta, mentres o resto dos participantes deben correr a agocharse.

Agora terá que ir na procura do resto dos xogadores, o primeiro que atope será o seguinte en pensar unha palabra máxica para contar a súa historia na próxima quenda.

Ata aquí as nosas propostas de xogo, toca... gozar xogando!!! 

Comentarios