XOGA QUE TE XOGA. TACO, GATO, CABRA, QUESO, PIZZA

TACO, GATO, CABRA, QUESO, PIZZA


Non minto cando digo, que os rapaces e rapazas do club pre-xuvenil de Vite morren polos xogos de mesa. Así que, vou compartir unha demo dun xogo, recomendado para nenos e nenas maiores de 8 anos.
Ademais de para pasar un bo rato, serve para traballar a concentración, a percepción visual, a velocidade e a velocidade de procesamento.
Por iso, estou desexando volver para poder xogar cos mozos e mozas e pasar un bo rato. Pero como de momento, non se pode, ide practicando na casa para cando volvamos!



Isto é unha demo-versión do xogo Taco Gato Cabra Queixo Pizza (elaborado por Ludilo), así que non é comparable co xogo orixinal. 

Terás que lembrar esta divertida secuencia de 5 palabras, e atopar 1 ou 2 persoas para xogar. A versión demo está adaptada para 2 ou 3 xogadores. Na versión completa poden xogar ata 8 xogadores. O obxectivo do xogo é desfacerte de todas as túas cartas e ser o PRIMEIRO en poñer a man sobre o montón de cartas durante unha coincidencia.
Para ir quentando para a volta, pode servir non? Agora explico todo... 

Preparación

Baralla as cartas e repárteas boca abaixo. Os xogadores non miran as súas cartas e colócanas boca abaixo fronte a eles. 

Desenvolvemento do xogo

O xogador que está a esquerda do que reparte colle a primeira carta do seu mazo, colocándoa boca arriba no centro da mesa formando un montón e dicindo «Taco». No sentido das agullas do reloxo, o xogador á súa esquerda fai o mesmo e di «Gato».
O xogo continúa así sucesivamente, sempre en orde, dicindo as palabras «Taco»,
«Gato”, “Cabra», «Queixo», «Pizza», «Taco», «Gato», «Cabra», «Queixo», «Pizza»... ata que haxa unha coincidencia: A carta que se acaba de poñer coincide coa palabra
pronunciada polo xogador que a sacou (por exemplo, o xogador pon unha carta de Pizza e a palabra que lle toca dicir seguindo a secuencia é «Pizza»).
Se isto sucede, todos os xogadores deben colocar rapidamente a súa man no montón, e o ÚLTIMO xogador en facelo (a man que quede arriba) debe coller todas as cartas do montón para agregalas debaixo do seu mazo.
Este xogador comeza a próxima quenda dicindo «Taco», daquela o seguinte «Gato», a seguinte «Cabra» ... etc.
Os xogadores deben xogar a un ritmo constante e se un xogador esquece o que ten que dicir, equivócase, ou non se dá conta de que é a súa quenda, deberá coller todas as cartas do montón.
Neste xogo tamén existen cartas especiais, no xogo completo hai 3, pero na versión demo só se incluíu unha, o Gorila. Cando aparece unha carta especial, todos os xogadores deben realizar a acción indicada, e despois colocar a man sobre o montón. Cando un xogador/a se equivoca de acción ou, simplemente, non a realiza, debe coller todas as cartas do montón. 
*Gorila: Os xogadores deben golpearse o peito
NON FACER TRAMPA!
Os xogadores deben colocar as súas cartas no montón volteándoas cara arriba. Se se descobre a un xogador tentando ver a súa próxima carta antes de deixala, perde a quenda e ten que coller todas as cartas do montón.
NOTA
Se un xogador queda sen cartas, debe, para gañar, continuar dicindo «Taco, Gato, Cabra, etc.», e ser o PRIMEIRO en colocar a man no montón en caso de coincidencia ou se aparece unha carta especial.
DÚBIDA - ERRO
Se un xogador comeza o movemento de colocar a man e rectifica, isto faralle perder a quenda e terá que coller todas as cartas do montón.
Fin de partida
O PRIMEIRO xogador en colocar a man sobre o montón durante unha quenda, despois de descartarse de todas as súas cartas, gañará a partida. 

Por se non entendiches moi ben en que consiste o xogo ou como se xoga, aquí tedes un mini-títorial

Recurso elaborado por https://www.ludilo.es
Descarga e instrucións recollidas de Ludilo
Photo by Wayne Low on Unsplash