XOGA CO INGLÉS 2
LET'S PIRATE!
Piratas, todo o mundo a bordo! Estamos xa en plena primavera, acabáronse (ou non) os temporais de inverno, e tócanos navegar polos mares!Aínda sen saír da nosa casa, podemos viaxar; podemos descubrir lugares e estar en mil sitios diferentes ao mesmo tempo. Só é cuestión de entregarse ás historias. Estamos a falar de Piratas? Pois fagámonos un parche, atémonos un pano na cabeza, pintémonos unhas cantas cicatrices, saquemos as nosas voces mais graves e guerreiras, e embarquemos!
Nestes enlaces podedes atopar contidos audiovisuais relacionados coa temática Pirates, in English! Entre eles, este vídeo no que se presentan os Flashcards (tarxetas que inclúen unha palabra ou expresión en inglés e unha imaxe que a representa), e que serán o material principal dos nosos xogos.
Podedes atopar os Flashcards piratas clicando aquí . Son Flashcards que se poden descargar da páxina web do British Council para nenos: LearnEnglish Kids. É un sitio online moi interesante, no que se recollen exercicios, vídeos, audios, materiais para imprimir e ideas para que os mais pequenos aprendan e practiquen inglés. Usaremos moito esta páxina web!
Hoxe quérovos deixar unhas cantas ideas de exercicios e xogos sinxelos para que os mais pequenos aprendan palabras en inglés. As veces, non precisamos mais que unhas tarxetiñas para xogar durante horas! Ademais dos Flashcards do British Council, mais abaixo déixovos unha lista con outras palabras para que fagades os vosos propios flashcards. Só necesitades recortar cartolinas e escribir nun lado a palabra, e no outro lado debuxar ou pegar unha imaxe que a represente.
Let's play, pirates!
Xogos de Memoria ou Memory games:
Recortamos as tarxetas, separando as palabras da súa imaxe, e colocámolas todas boca abaixo nunha superficie. O obxectivo do xogo é descubrir onde está colocada cada imaxe e a súa palabra correspondente. Pero só podemos descubrir dúas tarxetas cada vez, polo que teremos que memorizar as posicións. Por exemplo, dámoslle a volta a dúas tarxetas e vemos a imaxe do pirata e a imaxe do mapa do tesouro. Poñemos esas tarxetas de novo boca abaixo, e descubrimos outras dúas, que son a palabra “Treasure Map” e a imaxe do barco. Poñemos estas dúas tarxetas de novo boca abaixo, e agora teremos que intentar recordar cal das tarxetiñas era a imaxe do mapa do tesouro e cal era a que pon “Treasure Map”, pois se descubrimos esas dúas tarxetas xa teremos asociada unha imaxe coa súa palabra. Así, ata conseguir asociar todas as palabras coa súa imaxe.
Xogos de Categorización:
Trátase de agrupar tarxetas en función de criterios diversos, por exemplo:
Under the water: Selecciona todas as tarxetas nas que aparece algo que podemos atopar debaixo da auga, nas profundidades mariñas.
Floting or diving?: Que pode flotar no mar e que cousas afundiríanse?
At the sandy beach: Cal de estas cousas poderían estar na area dunha praia?
On the Pirate Ship: Que cousas poderíamos atopar a bordo dun barco Pirata?
Xogos de Seriación:
Trátase de ordenar as tarxetas seguindo criterios diferentes:
Super small, small, bigger, bigger, bigger, so big!: Cal de estas cousas é a mais pequena? E a seguinte? Deixamos que os cativos pensen e coloquen todas as tarxetas por orde de tamaño, dándolles tempo para pensar, dubidar, recolocar... Pódese facer da mais pequena a mais grande, e ao revés.
What would you take with you on your pirate trip? Cal de estas cousas levarías contigo na túa aventura pirata? O mais importante para min sería o barco, non sairía da miña casa sin el! Despois, creo que levaría auga, porque non podo viaxar sen beber! Podemos debater con eles, preguntarlles por que elixen esas cousas... Podemos repetir este xogo cambiando a pregunta: What would you take with you to an lonely island? Que levarías contigo a unha illa deserta?
Polo momento, estes exercicios serven para familiarizarnos co vocabulario pirata. Para a semana próxima xa estaredes listos e listas para coñecer a historia de dúas piratas que, non fai moito tempo, navegaban polo mares buscando aventuras. As súas casas eran os seus barcos; as súas amigas, as olas; e o seu desexo, saber que hai mais alá do horizonte!

TÁBOA DE
VOCABULARIO PIRATA
|
|
Mar
|
|
Océano
|
|
Viaxe
|
|
Navegar
|
|
Nadar
|
|
Olas, Grandes Olas
|
|
Tormenta
|
|
Vento, Vento Forte
|
|
Costa
|
|
Praia
|
|
Area
|
|
Acantilado
|
|
Porto
|
|
Táboa
|
|
Corda, Soga, Amarra
|
|
Vela do barco
|
|
Temón
|
|
Áncora
|
|
Barril
|
|
Canón
|
|
Bala de canón
|
|
Espada
|
|
Coitelo
|
|
Parche
|
|
Garfo
|
|
Peixe
|
|
Balea
|
|
Delfín
|
|
Gaivota
|
|
Código Pirata
|
|
Os Piratas, A Tripulación
|