Viaxar sen saír de casa

Entre o moitos recursos que nos ofrece internet está a posibilidade de abrir unha xanela ao mundo segundo sexan os nosos intereses desde o noso computador, tablet ou móbil. Aquí tráiovos unha selección dalgunhas das páxinas que o fan posible ordenadas segundo a súa categoría principal. Reláxense e gocen das vistas!
A primeira é skylinewebcams. Unha das máis completas dáche acceso a unha inmensa cantidade de webs ao longo e ancho do mundo. Podes seleccionar por continente e país ou por categoría. Tamén che dá a opción de conectar unha webcam. Se ademais es un fan de Italia esta sen dúbida é a túa mellor opción. Consello: se ao entrar ábresevos unha xanela dicindo que pechedes o adblock pechádea e non volverá molestarvos.
Similar á anterior aínda que con acceso a menos webcams é webcamhopper. Tamén bastante completa e ten unha categoría curiosa, aeroportos, aínda que me temo que non ides ver moitos voos así que mellor seguir viaxando a través da pantalla. Sempre podemos consolarnos, aínda que sexa un pouco parvo, en que case todo o mundo esta tan inmóbil como o estamos nós.

Se o que estades a buscar é asomádevos a unha xanela sobre o mar e case respirar a súa brisa a vosa opción é sen dúbida camaramar. É exactamente o que promete, acceso a webcams de todo o litoral español así que case esta garantido que atopardes un raio de sol nalgunha.
Tamén podería ser que o que buscas sexa un pouco de vida salvaxe e exótica, se isto é así che recomendo africam, unha excelente galería á vida salvaxe da inmensa Africa. Un safari na túa propia casa e sen molestar a ningún animal.

Outra opción curiosa é seo. Nesta web poderás observar aves na súa tempada de cría para o que as cámaras vixían os niños. Dáche a opción de subscribirche á súa canle para que che avisen cando comeza algunha tempada de cría. Curioso Verdade?

Por último se o que botades de menos é visitar os vosos sitios de Galicia favoritos sen dúbida a vosa opción son as cámaras web da TVG. Un total de 27 cámaras coas que quitarse momentaneamente as ganas de facer unha pequena excursión.