UNHA FERMOSA HISTORIA DE AMOR
É posible o imposible?
Con Sígueme (una historia de amor que non ten nada raro), álbum ilustrado escrito por Xosé Campanari, ilustrado por Roger Olmos e publicado pola editorial OQO editora no 2014, atopámonos cunha historia moi entrañable que nos ensina a non ter prexuízos e a loitar polo que un quere. Os protagonistas da historia forman unha parella un chisco atípica: un elefante gris con lunares morados que se atopa namorado dunha formiga negra con cintura de avespa, e cuxo amor é correspondido. Pero para poder estar xuntos terán que percorrer un longo (é divertido) camiño. Está dispoñible na plataforma de libro electrónico GaliciaLe.
XOGO TRADICIONAL: pero adaptándoo a este conto en particular. Trátase de intentar debuxar (neste caso)a formiga . Cada membro da familia buscará ser o primeiro en debuxala pero para iso dependerá da sorte que teña xogando aos dados. Cada participante contará cunha folla de papel reciclada e un lapis. Será suficiente cun único dado xaque se lanzará por orde. É fundamental establecer unhas regras básicas:
-Para comezar a debuxar é preciso obter un 5.
-Só se pode debuxar unha cousa de cada vez.
-Se sacamos 6 podemos debuxar o corpo ou a cabeza.
-Se sacamos 1 podemos debuxar unha pata.
-Perdemos a quenda se a non podemos debuxar o que o número que obteñamos no dado nos indique.
-Se sacamos 3 podemos borrarlle un elemento (corpo, cabeza patas...) a un dos outros participantes (que decidamos)...etc.
Imaxe