TRABALLAMOS COAS MANS: FACENDO UNHA CARTEIRA

Rapazas e rapaces imos poñernos creativos/as! Que vos parece facer algo entretido e ademais moi útil? Pois pensamos en elaborar unha carteira de papel! Si, aínda que pareza complicado é moi sinxelo, só precisamos ganas, imaxinación e algúns materiais.

Podedes seguir o seguinte vídeo para ver o proceso:


A carteira que se presenta é un modelo, pero vós podedes facer un diferente, que seguro que tendes moitas ideas!

Aínda que no anterior enlace se empreguen uns materiais concretos, tamén podedes botar man doutros diferentes, por exemplo, en lugar de utilizar un soldador, podedes optar por facer os buratos cunha agulla ou cun punzón.

Para elaborar a nosa carteira necesitamos:
  • Forro de pegar
  • Fío resistente
  • Velcro
  • Agulla
  • Tesoiras
  • Un papel decorado, papel de cómic, periódico ou un que nos guste.
O que si deberedes é contar coa axuda dunha persoa adulta, sobre todo para cando teñades que coser ou facer os buratos. Ademais, entre dous tamén forraredes mellor!
Como dicimos, podedes facer o modelo que máis vos guste, aquí vos deixamos dous máis. No segundo enlace tendes os patróns doutro estilo diferente:

Patrón 1 - Patrón 2

Mais todo é improvisar e ir probando! Podedes engadir ou quitar os patróns ao voso gusto segundo os apartados que queirades que teña a vosa carteira. As medidas que empregamos para o noso modelo son 27 cm de longo e 11 de ancho. Queredes ver como quedou? Velaquí vos van as fotos!


Xa tendes diferentes ideas para buscar o estilo que máis vos convenza! Agora a crear! Animádevos que seguro que saen cousas moi bonitas e tamén funcionais! E ademais o proceso é súper divertido!

Comentarios