TRABALLAMOS COAS MANS E COS PÉS!

Ola rapazas e rapaces!

Hoxe presentámosvos unha actividade na que as vosas mans e tamén os vosos pés serán os protagonistas, pois van converterse en diferentes animais!

Para iso precisaredes pintura de dedos ou témpera e tamén outros materiais que queirades para ir engadindo detalles libremente. Doado non? Imos poñervos uns exemplos...

1. Comezamos cun cangrexo, para o que tan só fixo falta unir as dúas mans. E para decorar, podedes facerlle un fondo, os olliños, a boca e unha nube de algodón! E mirade que ben queda!



2. Neste caso temos unha galiña cos seus poliños. Para a galiña utilizamos a man e para os poliños é suficiente cos dedos... despois os detalles irémolos debuxando! A que queda fermoso?



3. E queredes facer un dinosauro? Pois tamén é posible! Agora deixámosvos un vídeo para que vexades os diferentes pasos! Podedes pedirlle axuda a un adulto. Ademais, recordade poñerlle nome! Un truco é partir do voso nome e engadirlle “saurus”.

4. Outra opción é pensar nunha familia ou en parellas! Mirade os elefantiños e os flamencos que bonitos quedan!





5. E, se queredes empregar os pés, tamén é posible crear cousas moi lindas!

Aquí vos suxerimos algunhas ideas!

Idea 1 - Idea 2 - Idea 3

Como vedes é posible debuxar a todos os animais coas nosas pegadas! Só hai que poñerlle un chisco de imaxinación e sairán cousas incribles! Queremos ver as vosas propostas!

Por certo... non vos esquezades dos seres mitolóxicos...



Fontes das imaxes que utilicei:
- Imaxe 1 - cangrexo
- Imaxe 2 - galiña e polos
- Imaxe 3 - elefantes
- Imaxe 4 - flamencos
- Imaxe 5 - unicornio

Comentarios