TRABALLAMOS COAS MANS: DEBUXANDO SOMBRAS

Pois hoxe é a elas a quen queremos darlle o protagonismo! Apetécevos traballar coas sombras?
Imos ver que podemos facer, cremos que vos ides sorprender!
De primeiro queremos poñervos un exemplo para debuxar dinosauros ou o que queirades! Só tedes que poñer o obxecto ou figura onde lle dea a luz, mellor que sexa a do sol, que é máis natural! E tamén debedes fixarvos en colocarlle papel por debaixo ou algo onde poder pintar. Se non fai sol, poderedes optar por poñervos preto dunha lámpada e buscar a sombra do obxecto.
Mirade que mural máis interesante...

Outra opción moi divertida é debuxarvos a vós mesmos! Entón teredes que buscar un foco de luz e pedir axuda doutra persoa para que vós poidades estar quietos/as e sexa esta quen poida repasar o borde da vosa sombra. Logo, se queredes, podedes pintarlle os detalles, debuxando ollos, nariz, beizos... Velaquí tedes un exemplo:

Nós propoñémosvos debuxar as sombras de todos os habitantes da vosa casa! Despois recortalas e pegalas xuntas nunha parede que elixades en común. Así será coma unha gran foto familiar! Pero ben especial porque todo o traballo o fixestes entre todos e todas!
Que vos parece?
Agardamos que nos enviedes fotos de como vos quedaron!
Fonte: imaxe é Pinterest e a da segunda Tinaberning
Comentarios
Publicar un comentario