TRABALLAMOS COAS MANS: ABANOS REFRESCANTES
Boas rapazas e rapaces! Agora que se achega o verán e buscamos estar fresquiños, traémosvos unha divertida idea para poder abanicarvos cando máis o precisedes!
Imos facer uns abanos de papel! Así que buscade uns papeis que vos gusten ou collede folios e pintádeos como vós queirades! Incluso podedes decoralos con adhesivos! Pensade en todo o relacionado co verán e trasladalo ó papel, as froitas, o mar, o sol, a area,... hai múltiples opcións!
Para elaborar o abano precisaredes dous palillos largos de madeira, para pechalo e abrilo, fío, tesoiras e cola. No seguinte vídeo tendes como facelo paso a paso:
Ver vídeo 1
E, agora que o tendes listo, probádeo! A que abanica ben??

Se queredes probar un novo modelo, deixámosvos outro enlace. Neste caso necesitaredes os mesmos materiais e tamén cinta adhesiva de dobre cara, mirade:
Ver vídeo 2
Como vedes pódese recoller facilmente por se o queredes gardar! E vós, con que modelo quedades? Queremos velos!!
Comentarios
Publicar un comentario