Tartaruga rechea de ensalada rusa
Agora que comeza a facer algo máis de calor, van apetecendo comidas máis fresquiñas, e se as presentamos orixinais aínda entran máis polos ollos, non si?
É a típica receita de ensalada rusa, podemos modificar os ingredientes ou suprimir algún que non vos guste. Niso algúns de vós sodes expertos jeje… Iso si, as olivas mellor que non, xa que é o máis vistoso que ten esta tartaruga.
É a típica receita de ensalada rusa, podemos modificar os ingredientes ou suprimir algún que non vos guste. Niso algúns de vós sodes expertos jeje… Iso si, as olivas mellor que non, xa que é o máis vistoso que ten esta tartaruga.

Ingredientes para 6 persoas:
1 kg de patacas cocidas3 latas de atún pequenas ou 1 grande
2 botes de olivas recheas de anchoas
1 lata de pemento vermello
4 cenorias cocidas e picadas
500 gr. gambas ou lagostinos cocidos
Maionesa
3 boliños de pan de leite alongados
5 ovos cocidos
Preparación :
Pícanse en trociños pequenos: as patacas, as cenorias , os ovos, o pemento vermello, as gambas e unha lata de olivas. Engadimos o atún e a maionesa e imos remexendo todo.
Forramos un molde redondo con papel film e engadimos a ensalada que a deixaremos na neveira unhas horas. Pasado ese tempo sacamos o molde da neveira e dámoslle a volta con coidado por riba dun prato ou fonte redonda.É o momento de decorar a tartaruga, e para iso imos facer láminas cas olivas da lata que reservamos anteriormente. A continuación, ímolas poñendo por riba. Partimos os 3 boliños de leite pola metade para poñelos como se fosen a cabeza, a cola e as patas. Na punta do boliño que corresponde a cabeza, facémoslle un furadiño na punta para poñer un anaco de pemento vermello a modo de lingua. E para os ollos, podemos poñer 2 cravos, 2 boliñas de pementa negra, ou se temos rotulador comestible podémosllos pintar.
Tamén podemos poñer leituga na base do prato para decorar.
Agardo que vos guste esta receita tanto como a min.
Bo proveito!
Vin esta receita en Recetizate e en pasenydegusten.