TARTA DA AVOA

A cociñar! Hoxe convertémonos en reposteiros para facer unha tarta da avoa. Alá vai a receita, mans a obra!!.

Ingredientes
Galletas cadradas (45 para o molde que eu empreguei)
Leite (3 vasos )
Flanin (1 sobre)
Azucre (3 culleradas)
Chocolate para sobremesa

Aló imos....
Primeiro, botamos nun recipiente que teñamos pola casa, un pouco leite, onde iremos mollando as galletas necesarias para cada unha das capas da nosa tarta, sen chegar a que se desfagan.


Mollamos as galletas a medida que as imos colocando no molde



Unha vez temos a primeira capa de galletas colocada, imos a facer o flan. Usamos medio litro de leite, do que apartaremos un pouquiño nun vaso, onde disolveremos o flanin, e o restante poñémolo a ferver nun cazo con tres culleradas de azucre. Cando empece a ferver o leite, engadímoslle o flanin, a medida que imos remexendo, para que non se formen grumos na mestura.


Agora botamos a metade do noso flan enriba das galletas e estendemos con unha culler ou espátula.

C:\Users\Usuario\Desktop\IMG_20200505_141739.jpg

Repetimos a capa inicial de galletas molladas en leite.



Botamos o flan restante e estendémolo de novo .

C:\Users\Usuario\Desktop\IMG_20200505_141739.jpg

Poñemos unha capa máis de galletas.



E finalmente, poñemos un vaso de leite nun cazo ou pota pequena, con unha barra de chocolate (negro ou con leite ) no seu interior. Remexemos ata que ferva e se disolva o chocolate. E xa temos lista o noso último paso.


En canto o número de capas e grosor da tarta dependerá do gusto e elección de cada un , igual que a súa decoración final a que se lle podería engadir por enriba coco raiado, lacasitos....

C:\Users\Usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\IMG_20200505_143057.jpg

O frigorífico durante unhas horas ...e xa está lista para degustar!! Espero vos saía deliciosa

Comentarios