Recomendacións de lecturas. Matilda
O libro que vos propoño hoxe é Matilda de Roald Dahl.
Trátase dunha cativa que ten habilidades moi curiosas xa que pode mover obxectos coa mente. A Matilda encántalle ler, é unha asidua da biblioteca, pero é unha rapaza incomprendida pola súa familia que prefire ver o televisor a tódalas horas. Na escola á que asiste tampouco o terá nada sinxelo, alí terá que sufrir os abusos da directora, a señorita Trunchbull, que odia ós/as cativos/as e castígaos sen motivo, pero, Matilda é unha cativa con moitos recursos, ela será capaz de cambiala situación e vencer a "temible" directora.
TÍTULO: MatildaAUTOR. Roald Dahl
ILUSTRADOR: Quentin Blake
EDITORIAL: loqueleo (colección: serie azul)
PÁX: 288
ISBN: 9789504643685
Este libro foi adaptado ao cine no 1966. A película, dirixida por Danny DeVito e producida por Tristar Pictures e Jersey Films recibiu unha boa acollida. Podedes velo tráiler:
PROPOSTA XOGOS:
Quen será capaz de... Para traballar este conto propoñémosvos este xogo. O presentador do xogo ten que anunciar as probas a superar, eu púxenvos uns exemplos na fotografía. Podedes realizar as puntuacións con minipuntos (podedes pintarlles na cara os/as cativas/os as puntuacións que van gañando ou facer unha pequena tarxetiña onde anotalos). É preciso ter un cronómetro para que non pase o tempo!!
