Recomendación de lecturas. "Los fantásticos libros voladores del Sr Morris Lessmore"
Unha boa curtametraxe para incentivar a animación á lectura é “ Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore,” que foi dirixido polo autor e ilustrador William Joyce e por Brandon Oldenburg (co-director) e producido polos Estudios Moonbot no 2011.
Gañou un Premio Óscar á mellor curtametraxe no ano 2011. Este é un caso curioso, sobre todo porque estamos acostumados a que pase de xeito inverso, porque e dado o seu éxito foi adaptado ao papel.
![]() |
![]() |
"É moi probable que Los fantásticos libros voadores del SR. Morris Lessmore sexa considerado un dos títulos infantís máis influentes do século XXI" De London Times
TÍTULO: “ Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore”
AUTOR: William Joyce
EDITORIAL: Alfaguara
PÁX: 56
ISBN: 9788420417028
ANO DE EDICIÓN. 2014
"O escritor Morris Lessmore é transportado por un furacán a un mundo moi particular, xusto onde vive o libro que está escribindo nese momento. Alí coñecerá outros marabillosos libros voadores, dos que coidará ata a súa vellez. Cando por fin remata de escribir o seu libro, déixao xunta aos demais libros e afástanse voando, el tamén. Un marabilloso álbum ilustrado, cunhas ilustracións de altísima calidade e un texto de continuas alusións metaliterarias: O Mago de Oz, Buster Keaton, etc..."
Imaxes