RECOMENDACIÓN DE LECTURA: CHARLOTTE
Redescubrimos a unha das pintoras máis interesantes do
século do século XX.
Este marabilloso libro de Foenkinos, xa ten uns cantos anos, sen embargo
sempre é unha boa opción retornar a el.
Escrito dun xeito moi peculiar ó empregar frases curtas (evócanos a un poema)
que consegue transmitir a urxencia que
está a experimentar a protagonista da novela porque escórreselle o tempo. Charlotte é unha rapaza
xudía que vive na Viena ocupada polos nazis. Refuxiarase en Francia cos seus
avós onde descubrirá un terrible segredo da súa familia que teme tamén a pode
arrastrar a ela: Os suicidios de varios dos seus membros inducen a crer na
posibilidade de certa predisposición xenética .
Trátase dunha interesante novela que percorre a breve vida da pintora
Charlotte Solomon e que contribuíu a darlle unha notoriedade da que ata ben
pouco carecía, sendo unha figura case descoñecida para a maior parte do público
aínda que a súa obra revela trazos dunha fonda intensidade que son capaces de transmitir
os sentimentos da propia Solomon de maneira moi característica. O museo xudeu
de Amsterdam acolle a "Fundacion Charlotte Salomon" .
Este libro foi merecedor do Premio Renaudot e do Premio Goncourt.
Autor: David Foenkinos
Editorial: Alfaguara
Páx: 216
ISBN: 9788420419268
Ano de edición: 2018
Se vos interesa
no seguinte enlace podedes escoitar unha entrevista do autor da novela:
e contemplar algunha das súas obras no Museo Xudeo de Amsterdam.
![]() |
| Fonte imaxe |
![]() |
| Fonte imaxe |
![]() |
| Fonte imaxe |



Comentarios
Publicar un comentario