Re-Activándonos. Re-Conectando 3
Toca continuar exercitando a nosa mente, ese músculo que nunca debemos permitir que perda ton, porque é tan importante, ou máis, que calquera outra capacidade. Por iso, seguimos introducindo pequenas dinámicas que nos van a axudar a manternos en forma á vez que nos divertimos durante un anaquiño.
Hoxe propoñemos comezar cunha actividade que se manterá ao longo de toda a dinámica. Propoñemos catro palabras que debedes ler e memorizar. Ademais debedes lembralas ao remate da última actividade, como vos recordaremos chegado ese punto. As palabras que propoñemos son:

MAR
|
CEO
|
ARMARIO
|
MESA
|
Agora repasade unha por unha as palabras e intentade dicilas en alto sen mirar o cadro. Témolas? Se é así, perfecto! Se todavía non as temos volvemos a intentalo, e unha vez memorizadas as catro palabras, continuamos.
A primeira das dúas actividades que hoxe realizaremos consiste en completar unha serie de palabras ás que lles falta algunha letra.
V_ R _ _ P_R _Ó R_ E _U_I A P_ R _E_TR_ , E _ O I_ AS GR _ _AS _O D_C_E C_ _T_O.
Esta frase é ademais unha adiviña que debemos responder, pero non é a única, xa que temos unha segunda, que de seguro sabedes:
_NH_ _ELL_ _U_ S_ _ _NT_ , CH_M_ A T_ _ A A _Ú_ X_ _ _E.
Agora toca solucionar ambas adiviñas, recollidas da web de exercicios de lingua ogalego.eu. Coñecedes as respostas? Ao igual que o resto das actividades serán desveladas na parte final desta entrada.
A continuación, temos un pequeno xogo no que debemos completar o cadro con palabras, pero non calquera palabra, senón que deben comezar pola letra que se indica na parte de arriba e cumprir a indicación que podemos ver na parte da esquerda, resaltada en negriña. Imos con iso.

R
|
C
|
S
|
T
|
|
Plantas aromáticas
|
||||
Nome de home
|
||||
Animal salvaxe
|
||||
Flor
|
||||
Alimento
|
Imos agora coa solución ás adiviñas:
VERDE POR FÓRA E RUBIA POR DENTRO, E MOITAS GROSAS NO DOCE CENTRO.
- A sandía.
UNHA VELLA CUN SÓ DENTE CHAMA A TODA A SÚA XENTE.
- A campá.
En realidade a segunda dinámica non ten unha única resposta, pero ofrecemos un exemplo por se quedara algunha palabra perdida.
R
|
C
|
S
|
P
|
|
Plantas aromáticas
|
Romeiro
|
Comino
|
Bieiteiro
|
Perexil
|
Nome de home
|
Ricardo
|
Calisto
|
Simón
|
Pedro
|
Animal salvaxe
|
Rata
|
Corzo
|
Sapo
|
Píntega
|
Flor
|
Rosa
|
Caravel
|
Salvia
|
Petunia
|
Alimento
|
Repolo
|
Chocolate
|
Sopa
|
Papaia
|
Rematamos a dinámica de hoxe traendo de novo as catro palabras que dixemos ao inicio. Lembrádesvos de cales eran?
Rematamos por hoxe, pero moi pronto traeremos máis propostas de actividades para traballar a nosa mente e que podemos realizar desde a casiña. Deica!