Re-Activándonos. Re-Conectando 2
Se vos parece, imos comezar de novo memorizando algunhas palabras, que debemos lembrar ao final desta sesión de adestramento. Hoxe as palabras máxicas son:
EIRA
|
OURO
|
EUROPA
|
LIBRO
|
Unha vez teñades listos estes catro termos imos coa primeira actividade. A continuación tedes unha poesía escrita por Eduardo Pondal. O primeiro que se pide é que a leades con calma de principio a fin. Unha vez lida, o que debemos facer é ir contando os “s” que hai en cada verso (incluímos o título) e ímolos anotando. Ao final sumamos os “s” de cada verso para achar cantos hai ao longo do texto.
As almas escravas
As almas escravas,
De ideas non grandes,
Van pensando mil cousas femíneas,
Molentes e infames.
Mil soños forxando,
Que o ánimo agobian;
Arrastrando infamantes cadeas,
Cal brandos ilotas.
Espíritos brandos,
Espritos muliebres;
Sedentarios, que lenta consome,
E mórbida febre.
Mais a alma do bardo,
Enérxica, ousada,
Que audaz libertade,
Tan só soña e ama;
Vai pensando en propósitos férreos,
Que ergueran a patria!
As almas escravas,
De ideas non grandes,
Van pensando mil cousas femíneas,
Molentes e infames.
Mil soños forxando,
Que o ánimo agobian;
Arrastrando infamantes cadeas,
Cal brandos ilotas.
Espíritos brandos,
Espritos muliebres;
Sedentarios, que lenta consome,
E mórbida febre.
Mais a alma do bardo,
Enérxica, ousada,
Que audaz libertade,
Tan só soña e ama;
Vai pensando en propósitos férreos,
Que ergueran a patria!
Para resolver o seguinte exercicio debemos coñecer ben as cinco profesións que temos no cadro de abaixo, porque debemos relacionalas con elementos que forman parte do seu traballo diario. Teremos, pois, un cadro no que estarán mesturados ditos elementos e nós debemos colocalos no segundo cadro, debaixo da profesión á que corresponde.
Alicates Cobre Escenario Muxir Fariña Luvas protectoras Cámara Pedal Granxa |
Teatro Funda Estrada Enerxía Leite Semáforo Forno Película Sinal Doces |
Agora debemos ir collendo cada unha das palabras para colocalas no cadro de abaixo, no seu lugar correspondente.
ACTRIZ
|
PANADEIRO
|
CONDUTORA
|
ELECTRICISTA
|
GANDEIRO
|
Solucións
O número de “s” que hai en cada verso do poema está detallado na seguinte táboa:
Título
|
Estrofa 1ª
|
Estrofa 2ª
|
Estrofa 3ª
|
Estrofa 4ª
|
4
|
Verso 1: 4
Verso 2: 2
Verso 3: 4
Verso 4: 2
|
Verso 5: 2
Verso 6: 0
Verso 7: 3
Verso 8: 2
|
Verso 9: 3
Verso 10: 3
Verso 11: 3
Verso 12: 0
|
Verso 13: 1
Verso 14: 1
Verso 15: 0
Verso 16: 2
Verso 17: 4
Verso 18: 0
|
O número total de “s” no poema é de 40. Acertastes? É complicado velas todas, pero se imos con calma, anotando verso a verso, seguro que non nos confundimos.
Con respecto á dinámica das profesións, que seguro que fixestes á perfección, a relación correcta entre elemento e oficio témola a continuación:
Con respecto á dinámica das profesións, que seguro que fixestes á perfección, a relación correcta entre elemento e oficio témola a continuación:
ACTRIZ
|
PANADEIRO
|
CONDUTORA
|
ELECTRICISTA
|
GANDEIRO
|
Película
|
Fariña
|
Semáforo
|
Cobre
|
Leite
|
Escenario
|
Doces
|
Estrada
|
Enerxía
|
Granxa
|
Teatro
|
Lévedos
|
Sinal
|
Alicates
|
Muxir
|
Cámara
|
Forno
|
Pedal
|
Luvas protectoras
|
Funda
|
Chegou o momento de recapitular esas catro palabras coas que comezábamos a sesión e anotámolas nun papel para que non se nos vaia perdendo ningunha.
Rematamos por hoxe, pero estade atentos, que dentro de nada traeremos novas actividades para manter a nosa mente na mellor forma.
Rematamos por hoxe, pero estade atentos, que dentro de nada traeremos novas actividades para manter a nosa mente na mellor forma.
Photo by Jeff Sheldon on Unsplash