Re-Activándonos. Re-Conectando 1

Ao longo da vida as nosas capacidades cognitivas e mentais van sufrindo cambios de diversa índole, polo que nunca está demais ilas exercitando, coma se dun músculo se tratara. Máis aínda nestes momentos nos que, ao estar pechados nuns poucos metros cadrados, notamos algo de decadencia na nosa actividade física e mental, froito desta ruptura coa nosa rutina habitual. A isto únese a saturación que pode ocasionar estar en constante bombardeo de información por parte dos medios aos que temos acceso, como a televisión, teléfonos, ordenadores… emitindo contidos de xeito continuado, converténdonos en suxeitos pasivos da comunicación. Como resposta a esta situación, nace a nosa proposta, a través da cal saír por uns instantes deste círculo de absorción de información, converténdonos en suxeitos que responden activamente nese fluxo comunicativo.

A idea é propoñer actividades de distinto tipo e nivel, a través das cales poidamos exercitar capacidades como a memoria, a coordinación de movementos, a axilidade mental e visual… En cada post facilitaremos actividades que serán presentadas e explicadas, e por suposto, as solucións serán postas a disposición de todas aquelas persoas que desexen realizar connosco estas pequenas, pero útiles, dinámicas nas que, ademais de exercitarnos, aproveitaremos con moito xeito unha parcela do noso tempo.

A primeira proposta contén dúas dinámicas diferentes, ambas obtidas da web Exercicios de Memoria, páxina web á que se pode acceder a través do seguinte enlace.

Unha delas ten que ver co cálculo matemático e consiste en comprobar en cales dos seguintes recadros a suma dos dous números é igual a 27. Para facelo, collan papel e lapis, aínda que tamén é unha boa opción tratar de resolvelo utilizando o cálculo mental, iso queda a gusto do consumidor.

 
 A seguinte actividade está orientada a activar a nosa capacidade visual. A continuación hai unha imaxe con dous recadros. Todos os animais están incluídos en ambos recadros, agás un deles. Cal será o animal que só aparece no recadro dereito?
Soamente agora, que xa realizaron ambas dinámicas, poderán ver as solucións a cada unha delas e comprobar como resultou a realización da tarefa.

Solución Actividade 1

Solución Actividade 2

Este foi un exemplo dalgúns contidos sobre os que traballaremos e que iremos facilitando nos vindeiros días. Ao remate deste post deixamos dous links nos que atoparán estas e outras actividades recollidas no mesmo caderno, así como as súas solucións, respectivamente.


Photo by Jeff Sheldon on Unsplash