QUENTANDO MOTORES III

Movendo os músculos e as articulacións.

Despois de dúas sesión xa teredes as pezas do motor a punto. E máis agora, que xa podemos ir pasear. Aínda así, non está de máis facer algún exercicio. Seguro que xa sabedes de memoria o quecemento e os estiramentos, pois son sempre os mesmos. Iso si, atentos e atentas aos exercicios que son os que cambian.

Quecemento
Dúas voltas ao redor da cadeira. Levantarse e sentarse 2 veces na mesma.

Exercicios (series de 10)
O que se adoita facer son series de repeticións, é dicir, repetir cada exercicio 10 veces.

OLLO. Non debemos forzar o noso corpo, así que, cada persoa ao seu ritmo. O importante é moverse, non as veces que o fagamos.

CARA
Coas dúas mans estiramos os pómulos cara ás orellas mentres que coa boca facemos “o”.
Simulamos facer un peixe.
CABEZA
Rotamos o pescozo cara á dereita.
Rotamos pescozo cara á esquerda.
OMBREIROS
Levamos o brazo cara arriba, tocamos o ombreiro e despois levamos o brazo para abaixo. Primeiro co dereito, logo co esquerdo, finalmente con ambos.
Colocamos as mans á altura do peito e movemos os cóbados arriba e abaixo.
Simulamos que agarramos un peso coa man, estiramos o brazo e o levamos cara o ombreiro. Primeiro co brazo dereito, logo esquerdo.
BRAZOS
Levamos os brazos arriba e mantemos (conta ata 5). Logo cos brazos arriba desprazámolos para adiante e atrás.
Levamos os brazos dende o peito cara adiante.
MANS
Simulamos tirar dun fío moi fino.
Xuntamos e separamos dedos.
Pechamos e abrimos as mans. A man é grande e despois pequena.
TRONCO
Levamos a man dereita  ao pé esquerdo e despois a man esquerda ao pé dereito.
Xiramos á dereita, xiramos  á esquerda.
Inclinamos o corpo cara adiante e volvemos atrás.
PERNAS
Estiramos as pernas e movemos arriba abaixo en movementos curtos.
Estiramos as pernas á fronte e cruzar.
Abrimos a perna dereita á beira dereita.
Abrimos a perna esquerda á beira esquerda. Logo alternando ambas ou ambas ao mesmo tempo.
PÉS
Poñémonos de pé e tentamos manter o equilibrio sobre o pé apoiándonos na cadeira se é necesario. Primeiro dereito, logo esquerdo.
De pé, apoiados na cadeira, poñémonos na punta dos pés e tentamos manternos así, contamos ata 5 e baixamos. Facemos 5 repeticións.
De pé, apoiados na cadeira, apoiamos os talóns e tentamos manternos así, contamos ata 5 e baixamos. Facemos 5 repeticións

Estiramento.
É moi importante manter o lombo dereito e as mans nos xeonllos sempre e cando non estean en movemento. Debemos contar ata 15 para que o estiramento poida ter efecto, pero como dixen mais arriba, cada persoa ao seu ritmo.

CABEZA
PESCOZO
Colocamos unha man na cabeza, e tentamos chegar con ela á orella cara ao ombreiro.
Colocamos as mans na caluga, e tentamos levar o queixo cara o peito.
Colocamos as mans na fronte, e tentamos empuxar suavemente a cabeza cara atrás.
BRAZOS
MANS
Estiramos os dedos das mans.
Entrelazamos as mans e estiramos os brazos cara adiante.
Levamos a man a detrás da cabeza.
Entrelazamos as mans e estiramos os brazos cara arriba.
TRONCO
Colocamos os brazos cara arriba, e despois  inclinámonos o tronco  á  dereita e  logo  á  esquerda.
PERNAS
PES
Subimos a perna cara arriba coma se a fósemos a cruzar e tiramos do xeonllo
Estiramos a perna co talón cara arriba (inspira) e despois deslizamos o brazo para tocar a punta do pé (expira).





Comentarios