QUENTANDO MOTORES II
Movendo os músculos e as articulacións
Parece que co anterior vídeo xa empezamos a movernos un pouquiño máis. E este non vai a ser menos, xa sabedes… Se non entendedes os exercicios podedes ver o vídeo, seguro que vos axuda.Así que non vos roubo máis tempo, e a seguir quentando motores, que parece que xa empezamos a saír...
Quecemento
Dúas voltas ao redor da cadeira. Levantarse e sentarse 2 veces na mesma.Exercicios (series de 10)
O que se adoita facer son series de repeticións, é dicir, repetir cada exercicio 10 veces.OLLO. Non debemos forzar o noso corpo, así que, cada persoa ao seu ritmo. O importante é moverse, non as veces que o fagamos.
CARA
|
Estiramos os ollos
contamos ata 5 e soltamos
Sorrimos e despois
simulamos facer unha “o” coa nosa boca
Pechamos os ollos
e despois chiscamos un e logo outro
|
CABEZA
|
Dicimos que si coa
cabeza. Miramos ao chan e ao ceo
Dicimos que non
coa cabeza. Miramos cara un lado e cara o outro
Tentamos levar a
orella a noso ombreiro. Primeiro á dereita, e despois á esquerda
|
OMBREIROS
|
Levamos a man dereita ao ombreiro esquerdo por diante e despois a man esquerda
toca o ombreiro dereito
Tocamos o ombreiro
esquerdo coa man dereita por detrás. E despois o ombreiro dereito coa man
esquerda
|
BRAZOS
|
Levamos as mans á
caluga, e despois abrimos e pechamos os brazos
Estiramos os brazos adiante e primeiro os subimos e logo
os baixamos
Levamos os brazos
cara adiante, simulamos facer coma unha tesoira
|
MANS
|
Simulamos limpar
cristais coa man dereita, logo coa esquerda
Pechamos unha man
á vez que abrimos a outra e cambiamos
Simulamos tocar o
piano para un lado, logo para o outro
|
TRONCO
|
Tocamos sucesivamente o lado
dereito e o esquerdo da cadeira
Levamos a man dereita ao chan polo lado dereito e despois coa outra man polo lado esquerdo |
PERNAS
|
Estendemos as
pernas e dobrámolas
Subimos un xeonllo
e outro alternativamente
Agarrados ao
respaldo da cadeira, abrimos as pernas no aire e abrímolas e pechámolas
|
PÉS
|
Apoiamos os pés,
levamos as puntas abaixo e os talóns arriba
Apoiamos os pés,
unimos as punteiras e logo os talóns
Facemos círculos
cos nocellos
|
Estiramento
É moi importante manter a lombo dereito e as mans nos xeonllos sempre e cando non estean en movemento. Debemos contar ata 15 para que o estiramento poida ter efecto, pero como dixen mais arriba, cada persoa ao seu ritmo.
CABEZA
PESCOZO
|
Colocamos unha man
na cabeza, e tentamos chegar con ela á orella cara ao ombreiro
Colocamos as mans
na caluga, e tentamos levar o queixo cara o peito
Colocamos as mans
na fronte, e tentamos empuxar suavemente a cabeza cara atrás
|
BRAZOS
MANS
|
Estiramos os dedos
das mans
Entrelazamos as
mans e estiramos os brazos cara adiante
Levamos a man a
detrás da cabeza
Entrelazamos as
mans e estiramos os brazos cara arriba
|
TRONCO
|
Colocamos os brazos
cara arriba, e despois inclinamos o tronco
á dereita e logo
á esquerda
|
PERNAS
PÉS
|
Subimos a perna
cara arriba coma se a fósemos a cruzar e tiramos do xeonllo
Estiramos a perna
co talón cara arriba (inspira) e despois deslizamos o brazo para tocar a
punta do pé (expira)
|
Photo by Dominik Wycisło on Unsplash