QUENTANDO MOTORES I

Movendo os músculos e as articulacións

Ultimamente, pouco saímos da casa, pouco nos movemos.

Para que non perdades o ritmo e meneedes de forma lixeira os músculos e as articulacións, queremos compartir unha pequena sesión de “Quentando motores”.



Hoxe, e para comezar, presentámosvos unha das máis tranquilas. Na táboa que aparece a continuación, recollese cada un dos exercicios que imos a poñer en práctica. Se por calquera motivo non o entendedes, podedes seguir as instrucións da nosa compañeira no vídeo que acompaña. Atentos e atentas ao vídeo!

Cada sesión conta un pequeno quecemento, continúa coa realización dos exercicios e finaliza cunha serie de estiramentos.

Quecemento

Dúas voltas ao redor da cadeira. Levantarse e sentarse 2 veces na mesma.

Exercicios (series de 10) 

O que se adoita facer son series de repeticións, é dicir, repetir cada exercicio 10 veces.

OLLO. Non debemos forzar o noso corpo, así que, cada persoa ao seu ritmo. O importante é moverse, non as veces que o fagamos.

CARA
Sacamos a lingua e tentamos tocarnos a punta do nariz coa mesma
Inflamos os fazulas
Subimos as cellas coma se estivésemos sorprendidos
Soltamos bicos
CABEZA
Dicimos que si coa cabeza. Miramos ao chan e ao ceo
Dicimos que non coa cabeza. Miramos cara un lado e cara o outro
Tentamos levar a orella a noso ombreiro. Primeiro á dereita, e despois á esquerda. 
OMBREIROS
Movemos o ombreiro dereito arriba e abaixo
Movemos o ombreiro esquerdo arriba e abaixo
Encollémonos de ombreiros simulando o xesto de “Non sei”
BRAZOS
Dámonos un abrazo a nós mesmos
Simulamos coller algo dos ombreiros coas mans e tirámolo ao chan.
Saúdamos coa man esquerda e despois coa dereita
MANS
Pechamos e abrimos as mans. A man é grande e despois pequena.
Contamos ata 10 cos dedos das dúas mans
Viramos as palmas das mans cara dentro e cara a fóra
TRONCO
Sentados,  xiramos  moi amodo o tronco a esquerda e dereita
PERNAS
Quentamos as pernas imitando que pisando uvas
Agarrados ao respaldo da cadeira, subir un xeonllo e  o outro alternativamente
Levamos o cóbado dereito ao xeonllo esquerdo, e despois o cóbado esquerdo ao xeonllo dereito
PÉS
Simulamos apagar unha cabicha
Debuxamos círculos no aire coas puntas dos pés
Damos patadas ao aire.

Estiramento

É moi importante manter lombo dereito e as mans nos xeonllos sempre e cando non estean en movemento. Debemos contar ata 15 para que o estiramento poida ter efecto, pero como dixen mais arriba, cada persoa ao seu ritmo.

CABEZA
PESCOZO
Colocamos unha man na cabeza, e tentamos chegar con ela á orella cara ao ombreiro.
Colocamos as mans na caluga, e tentamos levar o queixo cara o peito.
Colocamos as mans na fronte, e tentamos empuxar suavemente a cabeza cara atrás
BRAZOS
MANS
Estiramos os dedos das mans
Entrelazamos as mans e estiramos os brazos cara adiante
Levamos a man a detrás da cabeza
Entrelazamos as mans e estiramos os brazos cara arriba
TRONCO
Colocamos os brazos cara arriba, e despois  inclinámonos o tronco  á  dereita e  logo  á  esquerda
PERNAS
PES
Subimos a perna cara arriba coma se a fósemos a cruzar e tiramos do xeonllo
Estiramos a perna co talón cara arriba (inspira) e despois deslizamos o brazo para tocar a punta do pé (expira)

E agora, xa podedes comezar. Pensa que tampouco te tes que mover dunha cadeira! Así que, nada de escusas!

Un saudiño