PROGRAMANDO DENDE A CASA 9
No día de hoxe imos aprender a programar os leds do noso robot. Este exercicio de programación é moi sinxelo, pero vai servir para lembrar outras ferramentas e de paso aprender un sensor novo, así como tan ben aprender as dinámicas de tempo e a importancia destas á hora de facer unha programación para a nosa máquina.
Neste novo exercicio temos que dirixiremos a un novo apartado o cal é mostrar, e atoparemos varias opcións sobre os nosos leds.

Agora empezaremos coa nosa formulación de sempre, colocaremos un evento de inicio e unha rutina, é este caso a rutina podémola cambiar, podemos facer que sexa para sempre, ou polo contrario podemos facer que se repita un numero de ciclos concreto.

Agora dirixímonos á nosa nova ferramenta e seleccionamos a opción do noso led que máis nos poida funcionar para a programación, neste caso, como se pode ver na imaxe, escollemos un led cun contador de tempo de aceso, así este fará unha función de intermitencia creando unha ilusión de movemento.

E isto podémolo facer todo o complexo que queiramos, por exemplo, colocando máis rutinas de aceso e de apagado dos nosos leds, tamén podemos facer que se acenda só un, ou mesmo que un permaneza acendido mentres os demais páganse e acenden. Neste exemplo farémolo é que se acenderán durante un tempo concreto, e cambiarán de cor co tempo, durando constantemente os mesmos intervalos entre distintas cores.

Ben programadores, e este sería o noso resultado, non dubidedes en probalo en casa, ata a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario