PROGRAMANDO DENDE A CASA 7

Hoxe, como dixemos anteriormente, imos desenvolver un exercicio que relaciona as dúas ferramentas anteriores, pode chegar a ser un pouco complexo, pero imos seguir paso a paso.

O que imos facer hoxe será a programación, para que o noso robot siga liñas negras de maneira continuada, para isto é ideal facer un circuíto con cinta negra.

Empregaremos varias accións, así como varios sensores e varias cadeas de rutinas. Imos alá!

Primeiro empezamos por poñer un evento e varios controis, neste caso o evento será un clic e os controis e este caso será, un para sempre para que a rutina non acabe nunca, e outro encadeado a este que ira procesando varias instrución que imos ir vendo.

O noso seguinte paso será declarar ordénelas do noso robot dependendo das situacións que se poida atopar.

Esta sería a primeira situación, o que lle vimos dicindo ao sensor, é que na rutina 0, moveranse os motores esquerdo e dereito simultaneamente, isto quere dicir que lle robot detecta un camiño e moverase de maneira recta polo mesmo.


O noso segundo evento consiste en que só se detecte nunha das dúas entradas do sensor un circuíto de cinta negra por este motivo moverá só una das dúas rodas, xa que isto significaría que nos atopariamos cunha curva. Neste caso sería unha curva cara á dereita por este motivo a roda da dereita ten a potencia máis alta mentres que a esquerda carece de potencia.


O noso seguinte caso, é totalmente igual ao anterior, só que se trata do caso inverso, quere dicir que só se moverá só a roda da esquerda, significando que o robot se desprazará trazando unha curva cara á esquerda.

E o noso último caso, para finalizar este exercicio, será se o noso maquina non atopa ningunha liña negra, por tanto, non poderá seguir ningún percorrido, así que quedará estático esperando novas instrucións de novo.



E así amigos e amigas logramos que o noso robot, siga un circuíto marcado por unha cinta negra.

Vémonos na próxima guía de programación, ata pronto!

Comentarios