PROGRAMANDO DENDE A CASA 15

Hoxe imos realizar unha explicación de como funcionan as variables introducidas polos usuarios dentro do noso programa. É vedade que xa usamos este tipo de ferramenta, con todo, nunca mencionamos estas de maneira concreta, é polo isto que o día de hoxe imos mencionar de maneira especial e concreta este tipo de apartado.

Para empezar, o noso apartado de variables é un espazo de almacenamento, onde podemos gardar, valores ou instrucións, que poderemos empregar máis adiante no noso código e programación. Para crear unha variable temos que dirixirnos ao apartado de variables de Mblok e darémoslle a crear unha variable, neste caso crearemos unha variable co nome de speed.



Cando creamos unha variable créanse varios fragmentos, cada un destes fragmentos caracterízase por ter o seu propio uso dentro da programación.



Como podemos ver cada bloque que aparece ten un carácter especial, segundo o uso.
O primeiro carácter é o valor da variable que podemos utilizar para poder comparar o valor particular co valor da variable ou mesmo darlle un valor propio a esta última.



O noso seguinte bloque é para fixar un carácter concreto ao noso variable, en caso que necesitemos relacionala directamente no código.


Neste caso este tipo de variable cambia os valores dados anteriormente a uns que declaremos co índice da rutina xa sexa 1, 2 ou 3.

Este último caso xuntamos as dúas opcións de mostrar e ocultar xa que como o seu nome indica, o que podemos facer é mostrar nalgunha etapa da programación, o valor da variable para ser comprado con outro que se tome noutro momento máis adiante ou viceversa.

Tamén se pode realizar unha función especial, e é que podemos imprimir por pantalla, o valor da variable nese momento no que se estea executando o código da programación.

Isto é todo por hoxe programadores e programadoras, deixamos visto esta ferramenta moi especial e importante para futuros exercicio, destacando o funcionamento desta e todas as opcións que nos pode ofrecer.

Ata a próxima!!!

Comentarios