PROGRAMANDO DENDE A CASA 13

Ola programadores e programadoras hoxe imos realizar un exercicio no cal lembraremos unha función que utilizamos en moitas actividades anteriores. Para empezar, lembraremos o funcionamento do noso sensor de ultrasóns e terminaremos engadindo unha función nova por medio dun exercicio.

A programación de hoxe consiste en que o noso robot siga un obxecto, como fixemos en exercicios anteriores, pero hoxe engadirémoslle unha función máis, e é que escape de nós cando nos achegamos demasiado a el. Isto o conseguirnos modificando unha función de detección que fará que se engadan máis pasos á nosa rutina tendo así máis alternativas de funcionamento dependendo da situación na que se atope sometida a nosa máquina nas diferentes etapas da nosa programación.

O noso sensor de ultrasóns compórtase dunha maneira moi familiar a un animal da natureza, saberías de que animal estamos a falar…?

Exacto!!! Estamos a falar do morcego. Este animal utiliza un sensor moi parecido ao noso, xa que emite un son moi baixo que non podemos escoitar os humanos, estes sons rebotan sobre os obxectos regresando, algúns, ao propio animal, no noso caso, chegan ao propio sensor, indicándolle se ten obxectos diante ou aos costados e a que distancia se atopan. Unha vez aclarado este concepto imos alá coa nosa tarefa de hoxe.

O noso primeiro paso é declarar unha orde de execución e declarar unha distancia media do noso sensor, con este caso estaría aloxado na propia carcasa do equipo poñeriamos un valor de cero.



O noso segundo paso é organizar a orde de execucións da nosa función, así lle indicaremos ao noso robot que debe facer segundo váianse executando as nosas instrucións e o que vaia ocorrendo ao redor do noso amigo metálico.

Ademais, tamén incorporaremos o noso sensor de ultrasóns, coa variable que construímos anteriormente



O noso último paso é unir a nosa secuencia de instrucións, coa secuencia de mando o noso robot, é indispensable seguir os valores da maneira correcta, e se os queremos variar, é indispensable varíaos en proporción para que o noso robot saiba interpretar todos os parámetros de maneira correcta, xa que en lagoas ocasiones pódense producir erros de execución, aínda que a nosa programación sexa a correcta.



Xa teriamos o noso exercicio acabado programadoras e programadores, espero que vos gustara. E lembrade que temos outra cita para o noso próximo exercicio!!!

Comentarios