PROGRAMANDO DENDE A CASA 11

No día de hoxe imos desenvolver un exercicio dunha dificultade media, co obxectivo de lembrar todas as ferramentas coas que traballamos, xa demais ver funcións moi curiosas que podemos ensinar do noso robot, así que unha vez máis o límite é a nosa imaxinación.

Neste exercicio, imos dicirlle ao noso robot, que siga unha liña de cor negra, pero esta vez vai esquivar os obstáculos que se lle presenten durante se percorrido.

O noso primeiro paso, como de costume, será declarar a nosa función de inicio e incorporar o noso control, o operador e o sensor.



Unha vez feito este paso, o seguinte será declarar a función dos nosos motores do primeiro caso que se pode presentar durante a execución da programación. Neste caso estamos a lle dar as instrucións ao noso sensor de ultrasóns.



Unha vez declarado as instrucións anteriores, teremos que facer os mesmo, pero co noso sensor segue liñas. Teremos que identificar tres casos posibles, que os dous sensores estean activados ou na súa falta só do dereito ou o esquerdo, dependendo de cal deles reciba o sinal, dirémoslle á nosa máquina que instrucións seguir.


E ese sería o resultado da nosa programación, como podedes observar, poida que pareza moi complicado, pero é só unha repetición de instrucións consecutivas, tendo en conta cada posible caso que se presente á nosa querida máquina, son contar que xa realizamos anteriormente, estes mesmos exercicios, pero de forma individual.

Esperamos que vos gustara este novo exercicio de programando desde casa, vémonos no próximo exercicio, programadores e programadoras!!!

Comentarios