PROGRAMANDO DENDE A CASA 10

Ola de novo amigos, hoxe estamos unha vez máis coa nosa amiga a programación. Esta vez imos desenvolver un exercicio no cal imos combinar dúas funcións vistas anteriormente. Este exercicio consistirá, nunha resposta rápida do noso robot #ante un estímulo sonoro, dito doutra forma, imos facer que o noso robot active os seus leds dunha cor determinada, xusto despois de que nós fagamos algún tipo de ruído. Así que imos alá mozos e mozas, a programar!!!

O primeiro paso será colocar o noso evento e o noso control, para organizar as accións que imos ir desenvolvendo.


Neste paso teremos que facer unha acción especial ata o de agora. E será dirixirnos ao apartado de variables, e crear unha variable, nomearémola como son, poderiamos poñer calquera outro nome, pero desta maneira teremos identificada en todo momento esta función.



Unha vez creada a nosa variable, o seguinte paso será relacionar a nosa variable co noso sensor.

Agora engadiremos un novo control para empezar a coordinar todas as nosas instrucións. Como podemos ver, o que lle estamos indicando a nosa robot é que, cando o noso sensor perciba un son con certa potencia, o led de acenderase durante un segundo.

E agora para acabar fixamos a nosa última indicación, que será no caso no noso robot non perciba ningún son, neste caso quedasen os leds no seu estado apagado, ata que atope unha perturbación.



E con isto xa terminariamos a programación de hoxe, espero que vos gustara moito, e ata a próxima programadores e programadoras!!!

Comentarios