PEQUENOS/AS DESCUBRIDORES: UN AGASALLO DIFERENTE

Ola nenas e nenos! Como estades? Agardamos que moi ben! Hoxe querémosvos propoñer unha lectura que, se cadra, xa coñecedes!

Trátase de “Un agasallo diferente” de Marta Azcona, ilustrado por Rosa Osuna, da Editorial Kalandraka.

E, por se non contades co libro, deixámosvos aquí un enlace a Kalandraka TV.

Agora, dedicádelle tempo a escoitar o conto e, para cando rematedes... propoñémosvos unha actividade en relación coa historia!

Pois, gustaríanos que pensedes nun amigo ou amiga ó que lle queirades facer un agasallo para cando nos poidamos ver!

Ollo, pero ha de ser tamén un agasallo diferente! Tendes que pensar nunha idea de algo que lle sirva para todo, como ocorría coa tea da lectura.

Xa vedes que moitas veces o máis sinxelo é o mellor, así que tedes que descubrir aquilo que lle podedes agasallar, e que non ter por que mercarse... pois seguro que na casa contades con cousas que poden ter múltiples funcións e que lle poden gustar moito á ese amigo ou amiga.

Moitas veces é cuestión de botarlle imaxinación! Así que, deixémola voar!

A fonte da imaxe é Kalandraka.com

Comentarios