PEQUENOS DETECTIVES. VERDADE OU MENTIRA?

Hoxe vos traemos unha actividade moi amena e interesante para que a rapazada estea entretida facendo de detectives na casa. A finalidade é adiviñar se as afirmacións que formulamos son correctas ou polo contrario trátase dun mito. Todas están relacionadas coa literatura infantil, nomeando autores, datas concretas e información dalgunha historia. Con isto coñeceredes información que seguro que non estaba o voso alcance a través unha alternativa de ocio diferente e dinámica.

Intentar responder primeiro sen axuda de recursos externos, como por exemplo internet, a idea é comprobar o número de cuestións que coñecedes en primeiro lugar e despois xa buscar os outros conceptos comprobando así a veracidade de todas as respostas. Non obstante quedamos sempre a vosa disposición para calquera dúbida ou pregunta.

1. Walt Disney está conxelado.
2. 101 dálmatas é de 1961.
3. Charles Perraut é o autor do patiño feo.
4. Simba e Gastón son os protagonistas do rei león.
5. En 1991 estreouse como película a bela e a besta.
6. Robin Hood existiu na realidade.
7. Os autores de Hansel e Gretel son alemáns.
8. Alan Menken é o autor de Enredados, a canción do conto de Rapunzel.
9. A película de cenicienta é do ano 1970.
10. A profesión do protagonista, nos viaxes de Gulliver, é médico.
11. O personaxe de Fiona, do conto de Shrek, é dobrado pola actriz Julia Roberts.
12. O nome da protagonista de Riciños de Oro é Dorothy.
13. O conto da Sirenita é o oitavo da colección de Hans Christian Andersen.
14. O xorobado de Notre Dame aconteceu en Roma.
15. A dama e o vagabundo acontece en outono.
16. Alicia no país das marabillas ten varias adaptacións no cine e no teatro.
17. Pulgarcito era o menor de 6 fillos.
18. A historia de Aladín e a lámpada marabillosa é unha recolección de contos árabes medievais.
19. Dorothy e o Home de ferro son personaxes do Mago de Oz.
20. A obra de Peter Pan estreouse en Londres.

Esperamos que a experiencia sexa enriquecedora e frutífera e que os vosos pequenos e pequenas o pasen moi ben facendo de detectives nesta área da literatura que é tan importante coñecer e traballar.