Pequenos detectives de monstros
Pequenos detectives de monstros de Patricia, de Blas y Álvaro Corcín.

EDITORIAL: Nosolorol
AUTORES: Patricia de Blas e Álvaro Corcín
PÁX: 96
ISBN: 9788494194078
"Resolve misterios, coñece aos monstros da escuridade e amosa o valente que es. Pero sobre todo prepárate para vivir un montón de aventuras e para pasalo xenial. Pequenos detectives de monstros é un xogo de rol para os/as nenos/as a partir dos 3 anos, no que asumirán o papel duns simpáticos detectives que teñen que atrapar aos monstros que os/as asustan polas noites" (Texto: Editorial)
Neste caso recoméndovos este libro-xogo. É unha forma de vivir un conto e converterse en protagonistas dos mesmos, de seguro que aos máis pequenos lles gustará. Como tendes que dirixilo podedes controlar o desenvolvemento do mesmo.
Os xogos de rol son axeitados para a animación a lectura e teñen unha vertente educativa moi interesante, segundo a miña opinión. Por exemplo permiten:
1.-Pasar un rato entretido e adquirir certos coñecementos
2.-Fomentar a expresión oral e escrita (reforzar o vocabulario, a ortografía...)
3.-Desenvolver as matemáticas
4.-Impulsar a autonomía e a iniciativa persoal dos/das xogadores promovendo a toma de decisións.
5.-Desenvolver a súa creatividade
De forma complementaria podedes "deseñar" os vosos propios monstros. Podedes crear os famosos "gamusinos" dos que falan no libro.
A base para elaboralos é moi sinxela. Tendes que facer un pompón de la. Aquí está moi ben explicado.
Senón podedes seguir (as miñas sinxelas ?) indicacións:
-Nun anaco de cartón corta dous círculos.
-Cando os teñas recortados debuxa en cada círculo, xusto no medio exacto, un máis pequeno. Lembra que teñen que ser dous círculos concéntricos e logo recórtao.
-Realiza un pequeno corte para poder pasar o fío de la, no cartón dos círculos. Logo ata o inicio do fío de la ó cartón, para evitar perdelo e vai enrolando ó longo da superficie do cartón intentando que o grosor sexa o mesmo ó longo do molde. Para pasar o fío emprega o corte feito. Cando o teñamos introduce unha tesoira polo corte e vai cortando entre os moldes de cartón ó longo da contorna dos mesmos.
-Pasa un fío de la entre os moldes de cartón e ata.
-Quita os moldes de cartón, Xa tes o POMPÓN FEITO!!! recorta cunhas tesoiras para que che quede ben e decórao con anacos de papel, de cartolina... con forma de ollos, cornos etc...que podes pegar o pompón. Así daraslle forma o teu propio "GAMUSINO"!!!
Déixovos uns que fixen eu!!!
![]() |
![]() |
Se os agochas pola túa vivenda xa pode comezar o xogo!!!
No seguinte blog podedes atopar distintos exemplos de partidas reais.
Imaxe