Pequenos /as descubridores/as: “O mar no Camiño”

Cativada!, queremos presentarvos o proxecto da fundación Fundamar: “O mar no Camiño”, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia, e que ten como obxectivo principal “familiarizar aos nenos e nenas coa importancia e valores do Camiño de Santiago e co patrimonio cultural marítimo-pesqueiro galego”.

Este proxecto chegou a varios coles sitos no Camiño de Santiago portugués e para todas e todos os que non puidemos desfrutalas, as súas actividades están dispoñibles na rede para que gocemos delas e coñezamos as aventuras das personaxes protagonistas deste “Mar no Camiño”.

Queredes saber se son animais, barcos, seres mitolóxicos,...? Imos contarvos quen son!:
- Migueliña a vieira, a protagonista da historia.
- Laura a xarda, a optimista.
- Antón a nécora, o mellor amigo de Migueliña.
- Roberto o polvo, que representa a sabedoría e a diversidade.

Para saber máis debedes premer aquí.
Tedes o seu conto á vosa disposición en formato pdf ou virtual, que bonitiño é!.
Tamén tedes un Trivial do conto para xogar!.

As actividades que nos presentan foron dirixidas coa colaboración de Palmira Castro Marcote, educadora social e artesá que é a alma de Mimadriña: “un proxecto de artesanía e creatividade aplicada á educación social, que emprega o papel para crear pezas artesanais e que explora o potencial do origami no eido educativo”. Non vos perdades o que fai, porque o colorido, as formas,...son xeniais.

Palmira ensina a facer as cousiñas nuns vídeos nos que non falta detalle do necesario para levalas a cabo, os pasos, complementos, etc e incluso nos deixa unhas adiviñas!.
Agardamos que desfrutarades de todo o que este proxecto nos ofrece e damos as grazas por iniciativas como esta que nos achegan á cultura mariñeira é ao Camiño de Santiago dun xeito tan especial.

Fundamar 

Comentarios