PELOTA MALABARES

Nestes tempos é benvida calquera distracción que nos faga pasar un bo rato e máis aínda se nos relaxa, divirte ou aprendemos así que atentos e atentas a explicación de hoxe. A actividade vai nesa liña e vos aseguro que é moi doada de facer e con materiais que seguro que tedes na casa, son todos fáciles de conseguir. A min levoume pouco tempo e probablemente faga máis.

Imos facer unhas pelotas con globos e arroz, o resultado é moi produtivo pois nos axudarán para relaxarnos, poderemos facer malabares con elas, xogar... ten variedade de usos así que non me enredo máis e comezo a explicación.

Os materiais que son necesarios son:

· Globos de diferentes cores
· Arroz ou similar
· Tesoiras
· Funil

O procedemento é o seguinte:

1. O primeiro é escoller globos de cores que vos gusten, tranquilos e tranquilas senón tedes suficientes xa que algúns poden ser de calquera elección porque non se verán todos.
2. Agora usaremos o funil, senón tedes podedes fabricar un cun folio ou papel como se fixerades un cono para as castañas. Colleremos un globo e introduciremos o funil pola boca do mesmo, meteremos o arroz con calma para evitar que se desborde. Hai que encher todo, cando estea listo lle faremos un pequeno nó e cortaremos o sobrante.
3. Collemos outro globo e lle recortamos a boquilla e o introducimos no anterior globo, de maneira que quede liso e uniforme.
4. Repetimos este proceso para que a pelota estea reforzada e non rompa. Envolveremos o globo cun par de capas máis.
5. Listo, xa temos a nosa pelota!

Xa comprobaredes que non leva case tempo e é moi útil, podedes facer máis por exemplo para formar un xogo para comezar a facer malabares, darlle como agasallo a alguén ou simplemente usala vos!

Oxalá vos gustase a idea, ata a próxima!