OBRADOIROS CON CÁPSULAS DE CAFÉ
O café en cápsulas xera moito residuo, así que imos tentar minimizalo con estas ideas sinxelas.

Precisamos:
- Cápsulas de café
- Pistola de silicona
- Barras de silicona
- Imperdibles
- Feltro
- Tesoira

Procedemento:
O aconsellable é que vaiades lavando as cápsulas ao mesmo tempo que ides consumindo, todas xuntas dan moito traballo. Para almacenalas tamén é máis doado se están lavadas, ocupan moi pouco espazo encaixando unhas nas outras.
1. Esmagalas cun bote de vidro, por exemplo, poñedes o cu do bote enriba da cápsula e esmagades.
2. Despois se o modelo elixido, é o plano de tres pezas, soamente é pegalas ca pistola de silicona, peza a peza.
Se elixides o modelo de flor, tedes que darlle a forma coa man aos pétalos antes de pegar. As cápsulas son sinxelas de moldear cos dedos. Esta forma adquírese cando dobramos un chisco a metade a cápsula.
3. Se facedes unha flor, podedes poñerlle un anaco de feltro redondo, pegado coa silicona.
4. Para engadir o imperdible pegade primeiro un anaco de feltro, poñede o imperdible e por riba deste engadir outra tira de feltro ao longo e pegar os extremos da tira.

- Lazo
- Abelorios de burato grande
- 4 Cápsulas de café
- Tesoira
- Pistola de silicona

Procedemento:
1. Cortamos o lazo á medida desexada e temos que pasar os dous extremos do lazo polo burato dos tres abelorios.
Facemos un nó cos dous extremos do lazo para que non poidan saírse os abelorios.
Para pegar as cápsulas hai que separar o suficiente os abelorios para que entre a cápsula e meter o lazo polo medio das dúas cápsulas e péganse unha a outra con silicona.
O máis sinxelo é comezar colocando o primeiro abelorio que quedará máis próximo o noso pescozo para ver se é a medida que nos gusta e asegurar que nos entra a cabeza polo espazo que quedará.
Para que o lazo non se desfaga hai que queimalo un chisco.

Precisamos:
- 1 rolo de cartón de papel hixiénico
- Témperas
- Un pouco de la
- Unhas 12 cápsulas de café
- Celo
- Un anaco dun folio de cor
Procedemento:
Decoramos o cartón ao gusto, e poñémolo a secar.
Esmagamos as cápsulas cun bote de vidro, por exemplo. Poñendo o cu do bote enriba da cápsula e esmagamos.
Facemos un burato no medio ás cápsulas, é moi fácil de perforar, podemos axudarnos, por exemplo, dunha agulla de calceta ou similar.
Pasamos o fío de la polos buratos das cápsulas. Temos que colocar as cápsulas por parellas, mirando unha cara a outra coma na foto.
Pegamos as puntas da la aos extremos do rolo, cun pouco de celo e pola parte interior.
Para tapar os buratos do rolo podemos empregar un folio de cor, no exemplo da imaxe empregamos o papel do envoltorio interior do chocolate.

Precisamos:
- Cápsula de café
- Goma eva
- Tesoira
- Pegamento líquido
Procedemento:
Podemos facer antes un modelo nun folio vello. Cando nos convenza a forma acadada podemos marcalo na goma eva e recortar.
Neste caso temos que recortar na goma eva tamén o releve onde imos pegar a cápsula. Imos facelo con pegamento líquido, temos que esperar un anaco premendo.
Facemos os ollos tamén ca goma eva e pegamos. Esperamos premendo.

Precisamos:
- Cápsulas
- Abelorios
- Pistola de silicona
- Tesoiras
- Papel de xornal
- Rotulador negro
- Folio branco
- La
Procedemento:
1. Co papel de xornal facemos bolas de papel pequenas, servirán para meter entre cada cápsula e así facemos o efecto de movemento da serpe. Para probar se temos o tamaño ideal, podemos meter unha bola dentro dunha cápsula e encaixar outra cápsula no medio, para comprobar se nos gusta esa separación.
2. Imos comezar a serpe pola cabeza. Collemos un abelorio pasámolo pola la e facémoslle un no para que non se saia.
3. Collemos dúas cápsulas da mesma cor e facemos un burato cunha agulla nunha cápsula e despois na outra. Os buratos fanse na parte máis alta e centrada da cápsula. Temos que colocar a cabeza coma se ve na foto, os círculos un pegado ao outro. Despois de pasalos pola la, péganse ca pistola de silicona.
4. A continuación iremos perforando cada cápsula e perforando tamén a bola de papel e así sucesivamente para ir facendo o corpo da serpe ao gusto e ao longo de cada quen.
5. Para finalizar faremos o rabo empregando a mesma técnica que na cabeza. As cápsulas teñen que estar unha enfronte da outra.
6. Poñémoslle uns abelorios para rematar.
De seguro que se vos ocorren novas ideas, que DESFRUTEDES MOITO!!
BROCHES

COLGANTE
Precisamos:- Lazo

INSTRUMENTO MUSICAL

ANIMAIS

Precisamos:
- Cápsula de café
- Goma eva
- Tesoira
- Pegamento líquido
Procedemento:
Podemos facer antes un modelo nun folio vello. Cando nos convenza a forma acadada podemos marcalo na goma eva e recortar.
Neste caso temos que recortar na goma eva tamén o releve onde imos pegar a cápsula. Imos facelo con pegamento líquido, temos que esperar un anaco premendo.
Facemos os ollos tamén ca goma eva e pegamos. Esperamos premendo.
SERPE

Precisamos:
- Cápsulas
- Abelorios
- Pistola de silicona
- Tesoiras
- Papel de xornal
- Rotulador negro
- Folio branco
- La
Procedemento:
1. Co papel de xornal facemos bolas de papel pequenas, servirán para meter entre cada cápsula e así facemos o efecto de movemento da serpe. Para probar se temos o tamaño ideal, podemos meter unha bola dentro dunha cápsula e encaixar outra cápsula no medio, para comprobar se nos gusta esa separación.
2. Imos comezar a serpe pola cabeza. Collemos un abelorio pasámolo pola la e facémoslle un no para que non se saia.
3. Collemos dúas cápsulas da mesma cor e facemos un burato cunha agulla nunha cápsula e despois na outra. Os buratos fanse na parte máis alta e centrada da cápsula. Temos que colocar a cabeza coma se ve na foto, os círculos un pegado ao outro. Despois de pasalos pola la, péganse ca pistola de silicona.
4. A continuación iremos perforando cada cápsula e perforando tamén a bola de papel e así sucesivamente para ir facendo o corpo da serpe ao gusto e ao longo de cada quen.
5. Para finalizar faremos o rabo empregando a mesma técnica que na cabeza. As cápsulas teñen que estar unha enfronte da outra.
6. Poñémoslle uns abelorios para rematar.
De seguro que se vos ocorren novas ideas, que DESFRUTEDES MOITO!!
Comentarios
Publicar un comentario