O SEÑOR DOS ANEIS
Curiosidades sobre Tolkien
JOHN REUEL TOLKIEN (1892-1973)
No 1904 morre a súa nai, e acaba vivindo, por mediación do crego Francis Xavier Morgan, coa señora Faulkner. Alí coñecerá a que sería a súa muller Edith Mary Bratt. Na súa produción literaria posterior el a identificaría como Luthien.

Tolkien debe participar na I Guerra Mundial, pero ó pouco ten que retornar a casa por padecer a "Febre das trincheiras". Neste período aproveita e escribe "A caída de Gondolin".
No 1926 coñece a C.S. Lewis que se acabaría convertendo nun dos seus mellores amigos. Este sería o autor dunha das sagas fantásticas de literatura infantil máis coñecidas de tódolos tempos: "As crónicas de Narnia".
Hai un tempo gravouse unha película sobre o citado escritor, se queredes podedes ver este tráiler de youtube subido por "Trailers y estrenos":
A película, dirixida por Dome Karukoski no ano 2019, con guión de David Gleeson e Stephen Beresford foi producida por Fox Searchlight e hermin Entertainment.
Tolkien, que aprendeu moitísimos idiomas e crearía algún novo, foi un namorado da historia e mitoloxía. E como gran coñecedor destas lendas moitas acabarían influíndo na súa obra. Por exemplo O anel dos nibelungos. Esta lenda é moi coñecida, especialmente debido as óperas que realizou o compositor alemán Wagner inspiradas nela. A lenda é escura e tráxica, e nela aparece un misterioso anel que está maldito malia que o principio pódese pensar que o seu posuidor sería unha das persoas con máis sorte da terra.
A lenda refire a historia da familia Volsung. Volsung, que era descendente do terrible deus Odín, tivo dous fillos: Sigmund e Signy. Esta última foi prometida co rei dos godos, un compendio de malas virtudes. No banquete de vodas, o deus Odín cravou unha espada nunha árbore ( isto tamén resulta pouco sorprendente e permite enlazalo coas lendas artúricas, no que unha espada permanece cravada na rocha) prometendo a infalibilidade en calquera combate a aquel que fora capaz de descravala (isto é un don moi atractivo tendo en conta que estas sociedades eran fundamentalmente guerreiras). Só puido facelo Sigmund, que era o irmán xemelgo da noiva e que acabaría asasinando con ela o seu recentemente estreado cuñado. Pero Odin reapareceu e rompeu a espada rompendo o vínculo co seu protexido. Sigmund sen o aval da espada acaba morto.
A historia retómase con Sigurd, fillo de Sigmund. Este fora criado por un malvado anano de nome Regin, que lle contou ao cativo historias do seu pasado: el era fillo do rei dos ananos e tiña dous irmáns. Un deles fora asasinado por Loki, pero por equivocación (xa me contaredes como é isto posible?). O deus do engano recoñecendo o seu erro intentou compensalo: daríalle ao rei dos ananos todo o ouro de mar. Pero, como lograría buscalo? Quitándollo ao elfo Andvari, que posuía un anel máxico, que actuaba como un imán e atraía o ouro. Así que tamén lle entregou tan valioso anel. Isto espertou a cobiza de Fafnir, un dos fillos do rei anano, que o asasinaría desexoso por converterse en dono de tan inmensa fortuna. Pero non lle foi suficiente con matar o seu pai senón que tamén se dispuxo a facer o mesmo co seu irmán, Regin. Por sorte para el logrou escapar. O terrible pecado de Fafnir foi severamente castigado e o parricida acabou convertido nun dragón, que custodiaba sen descanso o seu tesouro (isto seguro que resulta coñecido, nunha das obras máis loadas de Tolkien, un grupo de ananos e un hobitt deben intentar vencer a Smaug, o dragón da Montaña Solitaria, antigo fogar dos ananos e recuperar así o tesouro). Regin porfiou ata que logrou convencer a Sigurd de que matara a Fafnir, vingando así o seu pai. Para facelo forxou a espada que fora quebrada (isto lembra a un episodio de O señor dos aneis, que é outra das súas obras mundialmente coñecida, cando Aragorn recibe a espada que o identifica como herdeiro de Gondor).
Sigurd logra derrotar ao dragón e arrincoulle o corazón para asalo. As gotas de sangue quentes mancárono e cando meteu os dedos na boca para aliviar a dor que sentía a maxia da sangue fixo que a partir dese momento puidese entender o piar dos paxaros.
Debido a isto foi advertido polas aves do perigo que corría, porque Regin (lembrade que era malvado) planeaba desfacerse del. O afán por posuír a anel muda a xente e acaba perverténdoa.
A historia de Sigurd complícase cando coñece a Brunilda (que era unha das valquirias, as fillas do rei dos deuses que acompañaban aos mortos de Odín, porque non todos podían entrar, ao Valhalla). Brunilda namorouse dun home e axudouno nun combate mortal impedindo que morrera. Este acto piadoso espertou a furia de Odin que a castigou, obrigándoa a permanecer durmida (isto lembra a un dos contos tradicionais máis populares, A Bela durminte) no alto dunha montaña rodeado por unha muralla de lume. Os paxaros coméntanlle o valente mozo a existencia da valquiria e este logra chegar onde ela quedando irremediablemente namorado ó vela. Por sorte para el é algo mutuo. O problema ven cando el se ausenta prometéndolle que volverá a buscala. Na súa viaxe xunto aos Volsung será enganado pola raíña que, desexosa de que case coa súa filla, Gudrun, lle da a beber unha apócema de amor co que rapidamente esquece a Brunilda e as promesas que lle fixera casando, profundamente namorado, de Gudrum. Gunnar, que era o irmán da súa muller, coñecedor da existencia da valquiria condenada e sabendo que el é incapaz de rescatala convence a Sigurd de que o axude: Sigurd disfrazado do seu cuñado será quen rescate a Brunilda, que acabará casando con Gunnar convencida de que as palabras de amor que lle dixera Sigurd xa foran longamente esquecidas. Xa vos imaxinaredes o que debeu sentir cando o volve ver, e aínda que lle explica que todo foi debido a maxia, a súa dor é inabarcable. Así que (nunha moi mala decisión) convence a Gunnar de que asasine a Sigurd... Cantas mortes!!! Segura que Shakespeare era coñecedor tamén dalgunha destas lendas!!
Para os/as máis cativos da casa lembrar a seguinte curtametraxe de animación What´s Opera, Doc? tamén coñecido como Kill the Wabbit. Trátase dunha parodia das óperas de Wagner, especialmente O anel dos Nibelungos. Foi elaborada no 1957, dirixida por Chuck Jones e producida por Warner Bros.
Aquí vos deixamos O xogo das letras para que demostredes o voso coñecemento sobre os mundos de Tolkien.
Imaxe
Imaxe de Pau Llopart Cervello en Pixabay
Para a elaboración deste texto foi consultado: https://es.wikipedia.org/wiki/J._R._R._Tolkien
, o artigo de Ruiza, M., Fernández, T. T Tamaro, E. (2004). Biografía
de John Reuel Tolkien. En biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica
en liña, Barcelona (España). Recuperado de https://www.biografiasyvidas.com/biografia/t/tolkien.htm
el 9 e maio de 2020 e o artigo de Josep Gravaldá do 2 de setembro do
2019. J.R.R. Tolkien, “el creador de la Tierra Media”. En Historia
National Geographic. Biografías. En https://historia.nationalgeographic.com.es/a/j-r-r-tolkien-creador-tierra-media_14586 Tolkien, que aprendeu moitísimos idiomas e crearía algún novo, foi un namorado da historia e mitoloxía. E como gran coñecedor destas lendas moitas acabarían influíndo na súa obra. Por exemplo O anel dos nibelungos. Esta lenda é moi coñecida, especialmente debido as óperas que realizou o compositor alemán Wagner inspiradas nela. A lenda é escura e tráxica, e nela aparece un misterioso anel que está maldito malia que o principio pódese pensar que o seu posuidor sería unha das persoas con máis sorte da terra.
A lenda refire a historia da familia Volsung. Volsung, que era descendente do terrible deus Odín, tivo dous fillos: Sigmund e Signy. Esta última foi prometida co rei dos godos, un compendio de malas virtudes. No banquete de vodas, o deus Odín cravou unha espada nunha árbore ( isto tamén resulta pouco sorprendente e permite enlazalo coas lendas artúricas, no que unha espada permanece cravada na rocha) prometendo a infalibilidade en calquera combate a aquel que fora capaz de descravala (isto é un don moi atractivo tendo en conta que estas sociedades eran fundamentalmente guerreiras). Só puido facelo Sigmund, que era o irmán xemelgo da noiva e que acabaría asasinando con ela o seu recentemente estreado cuñado. Pero Odin reapareceu e rompeu a espada rompendo o vínculo co seu protexido. Sigmund sen o aval da espada acaba morto.
A historia retómase con Sigurd, fillo de Sigmund. Este fora criado por un malvado anano de nome Regin, que lle contou ao cativo historias do seu pasado: el era fillo do rei dos ananos e tiña dous irmáns. Un deles fora asasinado por Loki, pero por equivocación (xa me contaredes como é isto posible?). O deus do engano recoñecendo o seu erro intentou compensalo: daríalle ao rei dos ananos todo o ouro de mar. Pero, como lograría buscalo? Quitándollo ao elfo Andvari, que posuía un anel máxico, que actuaba como un imán e atraía o ouro. Así que tamén lle entregou tan valioso anel. Isto espertou a cobiza de Fafnir, un dos fillos do rei anano, que o asasinaría desexoso por converterse en dono de tan inmensa fortuna. Pero non lle foi suficiente con matar o seu pai senón que tamén se dispuxo a facer o mesmo co seu irmán, Regin. Por sorte para el logrou escapar. O terrible pecado de Fafnir foi severamente castigado e o parricida acabou convertido nun dragón, que custodiaba sen descanso o seu tesouro (isto seguro que resulta coñecido, nunha das obras máis loadas de Tolkien, un grupo de ananos e un hobitt deben intentar vencer a Smaug, o dragón da Montaña Solitaria, antigo fogar dos ananos e recuperar así o tesouro). Regin porfiou ata que logrou convencer a Sigurd de que matara a Fafnir, vingando así o seu pai. Para facelo forxou a espada que fora quebrada (isto lembra a un episodio de O señor dos aneis, que é outra das súas obras mundialmente coñecida, cando Aragorn recibe a espada que o identifica como herdeiro de Gondor).
Sigurd logra derrotar ao dragón e arrincoulle o corazón para asalo. As gotas de sangue quentes mancárono e cando meteu os dedos na boca para aliviar a dor que sentía a maxia da sangue fixo que a partir dese momento puidese entender o piar dos paxaros.
Debido a isto foi advertido polas aves do perigo que corría, porque Regin (lembrade que era malvado) planeaba desfacerse del. O afán por posuír a anel muda a xente e acaba perverténdoa.
A historia de Sigurd complícase cando coñece a Brunilda (que era unha das valquirias, as fillas do rei dos deuses que acompañaban aos mortos de Odín, porque non todos podían entrar, ao Valhalla). Brunilda namorouse dun home e axudouno nun combate mortal impedindo que morrera. Este acto piadoso espertou a furia de Odin que a castigou, obrigándoa a permanecer durmida (isto lembra a un dos contos tradicionais máis populares, A Bela durminte) no alto dunha montaña rodeado por unha muralla de lume. Os paxaros coméntanlle o valente mozo a existencia da valquiria e este logra chegar onde ela quedando irremediablemente namorado ó vela. Por sorte para el é algo mutuo. O problema ven cando el se ausenta prometéndolle que volverá a buscala. Na súa viaxe xunto aos Volsung será enganado pola raíña que, desexosa de que case coa súa filla, Gudrun, lle da a beber unha apócema de amor co que rapidamente esquece a Brunilda e as promesas que lle fixera casando, profundamente namorado, de Gudrum. Gunnar, que era o irmán da súa muller, coñecedor da existencia da valquiria condenada e sabendo que el é incapaz de rescatala convence a Sigurd de que o axude: Sigurd disfrazado do seu cuñado será quen rescate a Brunilda, que acabará casando con Gunnar convencida de que as palabras de amor que lle dixera Sigurd xa foran longamente esquecidas. Xa vos imaxinaredes o que debeu sentir cando o volve ver, e aínda que lle explica que todo foi debido a maxia, a súa dor é inabarcable. Así que (nunha moi mala decisión) convence a Gunnar de que asasine a Sigurd... Cantas mortes!!! Segura que Shakespeare era coñecedor tamén dalgunha destas lendas!!
Para os/as máis cativos da casa lembrar a seguinte curtametraxe de animación What´s Opera, Doc? tamén coñecido como Kill the Wabbit. Trátase dunha parodia das óperas de Wagner, especialmente O anel dos Nibelungos. Foi elaborada no 1957, dirixida por Chuck Jones e producida por Warner Bros.
Aquí vos deixamos O xogo das letras para que demostredes o voso coñecemento sobre os mundos de Tolkien.
Imaxe
Imaxe de Pau Llopart Cervello en Pixabay
Léctum juvenil, VV.AA, Credsa Ediciones y Publicaciones, 1980 Barcelona.
Comentarios
Publicar un comentario